webgz. txalaos do revolt

27.6.05

Vendo coello por 50.000$

Un txalao americano pon na súa páxina que se vai a comer a un coello a non ser que a xente faga doacións e que estas doacións cheguen á nada despreciable cantidade de 50.000$. O suxeto pon na súa páxina toda crase de recetas para face-lo coello. As fotos non teñen desperdicio.

O máis incrible disto non é que este ianki faga isto. O máis incrible é que as doacións, a día de hoxe, chegan xa ós 28.000$!!!

Si es que está claro que esto de traballar en cousas "normais" non é rentable.

P.D. Erdian, vaille facendo unhas fotos chulas a Ron que ímolo meter na cazola. Eu pediría por él uns 100.000€

3 Comentarios:

  • Apuntome á idea.
    Eu como propietario levareime o 80%; oki coma ideólogo o 20 %.
    Dende hoxe aceptamos donativos pra evitala masacre canina.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 17:25  

  • Eu cédoos a Charly, pra que o sumedes ó asunto. Dóubolo de gratis, e así non terei remordementos de concencia.
    Poñámolo anuncio en Seul, que alí teñen en grande estima ós pastores alemáns.
    Evita-la masacre é cousa de moitos, pero executa-la é cousa de ben poucos que se atrevan.
    Unha aperta

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 18:06  

  • Eu non me atrevo con Charly. Seguramente remataría eu na cazola e non él.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 20:34  

Publicar un comentario

<< Home