planning de viaxe ó viñarock 2005
xa temos feita a planificación da viaxe que emprenderemos este xoves a terras castelana-manchegas
- 11:00h: GZ_Oki sae do "aeroporto" de turquía cara a madrid, cargando tan só cun saco de durmir, unha esterilla e unha mochila ben pequena, todo isto metido nunha bolsa máis grande. facturación e carretera
- 12:00h: Oki chega a madrid á mesma hora que saen de vigo GZ_jaionintzen e o Qñao cargando con 3 tendas de campaña, neveira, camping gas, sacos, mochilas, esterillas, tarteira, sartén e a madre do cordeiro. facturación con sorte e carretera
- 13:00h: se Oki non se perdeu polo aeroporto irá a recoller a Erdian e ó Qñao (se é que o avión pode finalmente aterrar con ese peso). unha vez xuntos os tres, quedarán con GZ_lolailo que sairá de "traballar" para comeren os 4. uniranse á comida 2 uruguaios e un licenciado en historia do arte (vaia panorama)
- 14:30h: comida de intercambio cultural
- 16:00h: saida turística a un gadis, carrefour ou garito de chinos para merca-la comida para levar ó camping. se cadra tamén algo de bebida
- 17:30h: recollida do coche de todo a 100 que lolailo reservou. o conductor será o propio lolailo. esperamos chegar con vida. non vos preocupedes, os gzs chamarán ás súas familias nada máis chegar a villarrobledo para que estean tranquilas.
- 18:15h: saída cara a albacete. que deus nos pille confesados. se o cacharro que alquilou lolailo consigue sequera arrancar xa será un triunfo. coa de peso que traen erdian e o Qñao iremos a dúas rodas todo o camiño
- 20:00h: chegada a villarrobledo
- 21:00h: clinic de jorge salán y leo jiménez, guitarrista de saratoga. poderemos preguntarlles o que queiramos e deleitarnos coa súa mestría á guitarra
- 22:30h: montaxe das tendas. tarefa para erdian. o resto tomarémonos algo por villarrobledo jejejeje
- 23:15h: hora da cea. confiamos en Erdian. esa tortilla paisana!!!! e se non, haberá que mercar txistorra a esgalla
- 00:00h: hora da carallada. café concerto dos GZs
este é, a grosso modo, a planificación do primeiro día. os seguintes xa serán un misterio. pero non será moito sospeitar que haberá moito moito rock e risas. seguiremos informando
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home