webgz. txalaos do revolt

26.7.04

Impresionante concerto de Mago de Oz ó que asistiu un membro dos gzs, GZ_jaionintzen

o pasado venres 25 de Xuño, o grupo mago de oz, deu un concerto altamente recomendable cheo de boa música, bo ambiente e diversión garantizada

o concerto comezou unha hora e media máis tarde do previsto, algo que non se cansaron en disculpar os integrantes do grupo. non dixeron as causas, pero pagou a pena a espera. o concerto deu comezo as 00:00 coa introducción do seu último disco Gaia a cal seguiu a tan coñecida fiesta pagana, momento no que o personal empezou a botar e desfrutar.

unha impresionante mezcla de luces e son, acompañado dunha posta en escea e un decorado envidiable para calquera grupo. o escenario estaba ambientado nun barco pirata (cañóns que disparaban, o temón, escaleiras para subires á pasarela superior do escenario, velas que caían...), e os integrantes do grupo ían ataviados con traxes piratas. o grupo composto por jose (cantante), frank (guitarra), sergio (baixo), txus (bateria), mohammed (violín), quisquilla (teclados), e fernando (frauta), estivo acompañado, debido a lesión de muñeca do seu guitarrista principal (carlitos), do gran guitarrista jorge salán, unha promesa xa consagrada do panorama musical español, inda que moitos nin o coñeceran. este xove guitarrista dará moito que falar nos vindeiros anos, e escribiranse verbas de gloria sobre o seu manexo da guitarra.

o concerto proseguiu durante 2 horas e media, intercalando cancións do seu último disco, con outros temas, emblemas xa desta banda, como son “el que quiera entender que entienda”, “astaroth”, “hasta que el cuerpo aguante”, “resacosis”, e o seu último grande éxito “la costa del silencio”, canción homenaxe á traxedia do prestige. esta foi a canción que puxo punto e final a actuación, que contou coa colaboración dun grupo de mulleres “las cuartetas”, composto por dúas violinistas, unha violonchelista e unha muller cunha voz envidiable pro rock.

temos fotos da actuación que pronto poremos nesta páxina.

dende aquí queremos recomendar este concerto, e anunciar que darán outro en vigo (castrelos) o día 26 de Xullo, ó que asistiremos

o reporteiro máis dicharacheiro dos GZs. erdian

bonita escenografía

atácannos os piratas