o concerto de sutagar contou coa presencia de GZs
temos probas da asistencia ó impresionante concerto da noite do venres pasado na sala la iguana de vigo
o venres noite, o grupo vasco sutagar presentaba en vigo o seu, polo de agora, último disco itsasoz beteriko mugetan (nas fronteiras cheas de mares), un disco con reminiscencias do mellor xeavy dos 80, baladas hard e acenos ó trash máis moderno. un disco con boas doses de volume, velocidade, forza e virtuosismo vocal e instrumental.
foi un concerto incrible, memorable; e deixou gañas de voltar a velos. as cancións do último disco foron acompañadas por clásicos da banda coma mari, agur jauna, ou a irrepetible jo ta ke.
despois de duas horas de concerto, tres cordas de diferentes guitarras de aitor rotas, chimpos e empurrones varios, berros a favor da liberdade do pobo galego e vasco, o concerto chegou á súa fin.
deixámosvos aquí dous enlaces para a muliña: a canción jo ta ke, e o vídeo da mesma.
amosámosvos unha copia da entrada do concerto, o repertorio orixinal e unha púa do baixo.

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home