webgz. txalaos do revolt

27.11.11

Porra Fórmula 1. Ano VII


Outro ano máis. E van 7.

Sen as complicacións, para algúns, do ano pasado, este ano faremo-la cousa máis sinxela.
Non teremos unha equipa preelexida cada un. Pra cada semana se escolle un piloto e unha escudería, coa única regra de que o piloto terá que ser dunha escudería diferente á escollida.
Doado. Para cada proba, coma sempre até unha hora antes do inicio da carreira, o porrista escollerá un piloto e unha escudería (diferente á do piloto).

Sistema de puntuación:
  • Pilotos: Sumarán tantos puntos como o posto no que quede na carreira. Se queda primeiro, sumará 1; se queda quinto, sumará 5.
  • Escuderías: Sumará tantos puntos como a suma dos postos dos pilotos integrantes. Se quedan 2º e 8º, sumará 10 puntos
  • Total: sumarase os puntos de cada un dos aspectos anteriores.
O final do campionato, o porrista que teña menos puntos será o campión.
Irei poñendo a clasificación provisional.
O resultado da carreira será o que indique a páxina oficial.
Aquel porrista que non mande a porra nunha semana, collerá a porra enviada a semana anterior, pero a ver se vos involucrades un pouco.

CLASIFICACIÓN DEFINITIVA (despois de 19 carreiras)

Noraboa o campión. En breve habera nova con gráficos, estadísiticas e comentarios varios.

16.3.11

PORRA OSCARS 2011



Pois xa estamos eiquí outra vez. Un pouco tarde, xa o sei, pero inda temos 8 días para facer os nosos pronósticos.

Pois eiquí está a porra. Desta vez está un pouco máis currada. Nun arquivo excel. Podédelo baixar de Easy-Share eiquí mesmo. Baixades un pouco e seleccionades "Regular Download".

Tamén mandarei un correio para acelerar un pouco máis todo isto.

Espero que participedes.

Apertas, e sorte a tod@s.
_________________________

Pois ben, despois de quedar bastante decepcionado polo índice de participación na porra desde ano, eiquí van as votacións realizadas:




e eiquí o resultado final:




Non queda máis que decir que noraboa a GZ_pastor, que no derradeiro intre atopou a combinación gañadora, con 8 acertos sobor de 10. Que grande o GZ_pastor.

Ben, ata eiquí...

Apertas a tod@s. Vémonos pronto.

Aburiño

30.1.11

IV campionato gz de fubolo. Miki e Marice campións

No pasado Nadal, celebramos o 4º campionato gz de fubolo que xa se está a converter nunha tradición.
Moita presión antes do comezo e alegrías e desilusións no remate.
Novamente os participantes, tralo sorteio inicial celebrado in situ, dividíronse en dous grupos:

GRUPO A

gz_oki
gz_lolailo




gz_artista
muller_procuradora



gz_químico
bibs




gz_yowi
masé





GRUPO B

gz_miska
tonino


miki
marice




gz_gudabaten
muller_al




gz_jaionintzen
gz_pastor




Unha liguiña entre os participantes de cada grupo, ía dilucidar os cruces da segunda fase. Todos pasaban, pero tiñase que buscar unha boa posición no grupo pra evitar os rivais máis fortes do outro grupo. Os grupos quedaron como segue:


Cruces a vida ou morte. Así foi a fase final. Un erro e pra casa. Quedou da seguinte maneira.


E así quedou a clasificación final.


Lista de premiados:
  • gañador da porra de fórmula 1
  • porteiro menos goleado
  • porteiro máximo goleador
  • dianteiro máis goleador
  • finalistas
  • campións
  • tódolos premiados


E ademáis algunhas fotos máis do evento.

sentindo ás cores

os do último bodorrio

todo en marcha

partida final

a celebralo

fin de festa

Graciñas a tod@s os que poideches estar; e ós que non, sabedes que no Nadal do 2011 celebraremos o 5º campionato.
Gracias ó gz_químico polo seu sempre inmenso traballo fotográfico.
Como tirón de orellas, dicirvos que, pro ano, a ver se concretamos mellor e antes o da participación pra non estares até o último día con cambios.
A coidarse

26.1.11

4636228756




Esta foto va dirigida para el programa del crack Buenafuente, que no sé de donde sacan las ideas, pero que son muy divertidas, je, je, je. Hay que llamarla 4636228756, así que yo repito el número por si así sale más fácil en el google 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756 4636228756

Si funciona, pues me parto, je, je, je.

Etiquetas: ,

21.12.10

Porra - liguiña Fórmula 1. Resultado final. GZ_lolailo campión!!

A clasificación final despois de todo o campionato foi como segue:

clasificación final

clasificación de pilotos

clasificación de escuderías

progresión durante todo o campionato


Graciñas a tod@s por participares e en especial a GZ_lolailo pola súa victoria. Mantívose firme nas derradeiras 4 carreiras e nin o GZ_xarrai nin a muller_geceeta foron quen de collelo.
Continuaremos pro campionato do 2011.
Ate entón, a coidarse.

26.11.10

PORRA MUNDIAL 2010. Clasificación. GZ_guais campión

Inda que máis tarde que pronto, deíxovos a continuación a clasificación final da porra do mundial feita xa varios meses atrás.
GZ_guais conqueriu o premio que lle será entregado (zecáis), na celebración do IV campionato de fubolo que xa estamos a organizar.
Graciñas por participares e deíxovos aquí as porras de tódolos participantes, así coma a clasificación final.
A coidarse.

clasificación final

porra gz_guais

porra muller_bibs

porra gz_miska

porra gz_pastor

porra muller_geceeta

porra gz_jaionintzen

porra gz_lolailo

porra gz_rua

10.6.10

PORRA MUNDIAL DE FUTEBOL SUDÁFRICA 2010

Tralo éxitu tutal que está a ter a porra da fórmula 1, xa temos unha nova porra en marcha. A porra do mundial de futebol.
Sinxelo. Baixate á porra, cúbrea e envíanola o correio. Tes que indicar como quedará cada grupo trala primeira fase, e pronosticar os cuartos, semifináis e a final. Tamén o gañador e o terceiro posto.
Non custa un pataco (xa que, se custara algo ninguén participaría), somentes 3 minutos pra cubrila. Podemos pensar en agasallar ó gañador cunha pelota.
Mañá porei o sistema de puntuación.
Inda que comeza mañá o mundial, o prazo pra manda-la porra é ate o domingo, pero se podedes mandádea entre hoxe e mañá (mandareivos un correio).
Sorte a todos.
Que vaia bem.

23.3.10

Exposición Michael Jackson


Como xa saberedes os incondicionáis e non tanto do mítico MJ, escomenzou hai uns días un musical en Madrid chamado "Forever, King of Pop" no Teatro Lope de Vega. E coma celebración e homenaxe o gran El Corte Inglés fixo unha exposición con cousiñas de varios coleccionistas españóis (¿non te chamaron Erdian?) e eiquí está a proba do delito, je, je. Pinchade e veredes a fotiños.

Espero vos gusten a tod@s.

Apertas.

15.3.10

Porra - liguiña Fórmula 1. Seguimento e resultados

Trala disputa da primeira carreira, xa temos os primeiros puntos e a primeira clasificación.
A modo de exemplo, poño as puntuacións obtidas polo primeiro e último clasificado nesta carreira pra que vexades como vai o tema dos puntos. A partires de próxima carreira somentes porei os puntos totais finais (que cadaquén comprobe se a cousa vai bem).

Así forón as puntuacións:

muller_geceeta
  • ALONSO: 50 (1º clasificado) + 5 (volta rápida) + 5 (rematar a carreira) = 60 puntos
  • SUTIL: 28 (12º clasificado) + 5 (rematar carreira) = 33 puntos
  • DE LA ROSA: 15 (18º clasificado) - 5 (abandono) =10 puntos
  • FERRARI: 60 (Alonso) + 53 (Massa) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 123 puntos
  • FORCE INDIA: 33 (Sutil) + 39 (Liuzzi) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 82 puntos
  • SAUBER: 10 (De la Rosa) -1 (Kobayashi) -10 (abandono 2 coches) = -1
  • TOTAL: 307
GZ_miska
  • ALONSO: 50 (1º clasificado) + 5 (volta rápida) + 5 (rematar a carreira) = 60 puntos
  • KUBICA: 30 (11º clasificado) + 5 (rematar a carreira) = 35 puntos
  • DE LA ROSA: 15 (18º clasificado) - 5 (abandono) =10 puntos
  • RED BULL: 49 (Vettel) + 41 (Webber) + 10 (rematar a carreira 2 coches) = 100 puntos
  • RENAULT: 35 (Kubica) + 1 (Petrov) = 36 puntos
  • SAUBER: 10 (De la Rosa) -1 (Kobayashi) -10 (abandono 2 coches) = -1
  • TOTAL: 240 puntos

Así queda a clasificación provisional despois de 1 carreira:


Queda moito. Non vos confiedes os da parte alta da clasificación, e non vos lamentedes os da parte baixa. Ánimo. Xa queda menos.

Próxima carreira: Gran premio de Australia, o domingo 28 de marzal.

PD: a partires de hoxe publicarei as diferentes puntuacións nos comentarios e irei actualizando a clasificación nesta mesma nova.
PD: decir tamén que as clasificacións de cada carreira seguireina pola páxina oficial da competición www.formula1.com

13.3.10

Porra-liguiña Fórmula 1. Año VI. Seleccións participantes.

Xa está en marcha, e pra que non haxa trampas, nin pufos, nin irregularidades que tanto comentades, vou expoñer de seguido as seleccións que nos foron achegadas.
Despois comentarei algún detalle máis das regras a seguir.

SELECCIÓNS E PARTICIPANTES


Outras cousas:

As equipas participantes pra cada carreira podédesmas achegar por correio electrónico (a miña conta ou a dos gezetas), por mensaxe ou "de boquilla". Eu pra tódalas carreiras, achegarei a miña equipa a algún dos participantes (como xa veño facendo ate o de agora), pra que non empecemos xá a pensar en tongos.

Somentes se poderá trocar a selección de cada quén unha vez en todo o campionato. Cada participante elixirá cando facelo (darase cumprida nota informativa nesta páxina). Poderá facer os cambios que cadaquén estime (por exemplo, unha escudería, unha escudería e dous pilotos, catro pilotos...).
A este respecto haberá unha excepción, e somentes unha, sempre e cando as dúas escuderías dalgún dos grupos, ou os dous pilotos dalgún dos grupos que o participante escollera se retiren da competicición. A modo de exemplo, se alguén tivera no grupo laranxa a Rosberg e Weber, e ambos se retiraran do campionato, éste participante podería escoller dous novos pilotos. O mesmo se alguén tivera no grupo verde a HRT e Virgin, e as dúas escuderías abandonasen o campionato. No resto dos posibles abandonos, non se poderá facer cambio algún a no ser que cadaquén utilice o seu único cambio anual. Coido que queda bem clariño.

Dado que este ano os puntos en cada carreira poden ser elevados, no caso de que algún dos participantes non achegue a súa equipa a tempo (lembrade, ate unha hora antes do comezo da carreira), automáticamente asignaráselle a equipa do gran premio anterior, senón este participante quedará descolgado. Esperemos que esto non sirva pra que algún de vós deixe a porra da primeira carreira pra todo o campionato. Podédela deixar, pero facedeo por que queirades manter a vosa equipa, non por esquecemento ou escusitas varias.

No campeonato habera tres clasificacións: por pilotos, por escuderías e clasificación total (a suma das dúas).

O domingo ou o luns despois de cada gran premio tentarei ir colgando os resultados pra que poidades facer un seguimento.

Penso que esto é todo.
Graciñas por participar e sorte a tod@s.
Éste ano promete.
PD: O domingo a notiña, primeiras clasificacións