pros amantes da boa música. colabora
os gezetas, por iniciativa do que suscribe, decidimos intentar elaborar un dvd cos mellores videos musicais das épocas que marcaron as nosas vidas, os anos 80 e os 90.
necesitamos a vosa colaboura pra levar a cabo esta gran empresa.
queremos que nos mandedes emails propoñendo os vosos candidatos a entrar nesta colección irrepetibel. poden ser os que máis vos marcaron, os que máis vos gustaron, os que máis innovaron ou os que simplemente creedes que teñen que estar, inda que non vos guste a canción ou o video en sí.
mandadenos todos os emails que queirades a nosa dirección gezetas@gmail.com. non sexades vagos e perdede cinco minutiños do voso tempo do lecer en pensar un pouco as primeiras imaxes que te veñan a cabeza, e mándade as vosas eleccións. habera recompensa!!!
con todas as peticións recibidas, nun encontro no noso lugar de reunión habitual, o vagalume, faremos a selección dos escollidos de entre os máis votados.
regalaremos 5 dvd´s cos videos seleccionados. un deles ira para aquel/a de vos que máis coincida a súa elección coa selección final do dvd. os catro restantes sortearemolos entre todos os emails recibidos.
animadevos que non vos custa un carallo. se esta páxina sigue en pé non é gracias a vos e a vosa participación precisamente, así que movede o cú. un chisco de tempo pensando e mandar un correo non lle vai facer suar a nadie, a non ser que non sepades mandar emails, jajajajaja.
o que suscribe deixa exposta unha elección que coido estará no grupo dos escollidos, sen ánimo de ser nada subxetivo..
aburiño e sorte a todos.
pd: este artigo non pode rematar sen unha sinceira lembranza pro gurú dos TDT falecido recentemente. joaquin luqui, un tdt coma eu dedicache esta nova. hola, hola, hola. se feliz, happy, happy.

este mítico vídeo non pode faltar. mj sempre


0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home