webgz. txalaos do revolt

8.5.05

gezetazonolargz (embaixadagznoimperiodomal)

este título tan extrano non podía ser doutra persoa quen non fora o gz_gudabaten. hemos recibido un correio seu que exponemos nesta a nosa/vosa páxina. coma sempre que expoñemos algo do guda, non lle dedes moitas voltas, non ten moito sentidiño.

pois si amig@s gezetas, gezetinhas, funzionarios (en proxecto ou konsagraos), kurrutox (& cos), coma quen dis un ninguén, emighrantes, paraos, vagalumes, kabanón-flapeiros, klouns, endroghaos, viziaos, penhas varias, familia, eskezid@s..….tip@s!! tod@s!!....

a realidade é teimuda, inda que se tente ilegalizala, e logo de case que seis meses no imperio do mal, o gz_gudabaten, mister gonzález (gz o cadrado), vai okupar un apartamento de seu, sito (non tilio) na vecinha localidade de bethesda, pertencente o estado da terra da maruxa (maryland), a poucos kilómetros do epicentro do mal (malo, malo…).
bem, ate eiquí….. os feitos.
a partires de eiquí, a minha opinión persoal sobor do asunto (recoméndase deskonektalo cerebro, inda que serei breve….se pode aturar).
coido que cunha experiencia persoal de seis meses neste lugar abonda para sacar moitas conclusións respeito a unha morea de preguntas que calquera se pode facer se observámolo mundo no que vivemos. coma sucede en moitas ocasións, poida cas respostas non sexan do noso agrado, e moito menos que nos fagan felices. por iso, é un pracer para min convidarvos a tod@s a experimentala realidade cotiá (inda que sexa en pequena dose temporal) que se vive no brillante pais do mundo que apodrece o resto do planeta (coma o da mazá podre no cesto, pero o revés). poderedes sentirvos coma se estiverades dentro dun capítulo de south park (toallín incluido) ou tomando unhas birras no bar de moe xunto a homer simpson.
pra facer máis martxosa a minha oferta, sabede que ningun tipo!!! de animal, mineral ou vexetal será prexulgado ou vetado pra traspasalo umbral do lar gz nestoutra beira do atlántico; calqueira que entre no lar gz sera bemvido (se é que hai alguén para recibil@). e ademáis, non será necesario aportar ningún motivo ou excusa pra achegarse o lar gz.

e como a verdade, non quero facer un decálogo de regras, nin nada que se lle asemelle (xesús!!), vou rematar con estes formalismos lembrándovos que, xa sabedes, @ keira visitarme, que se paghe o avión (algúns con sorte só as taxas), co resto vai a conta do lar gz (y namás!!)
bikoooosssssss, e lembrade k hai k botalo dinosaurio e a sua panda de inkompetentes ó outro barrio.

p.d: se alguén ten algunha dúbida sobor do desenvolvemento de calquera acción orientada cara unha posibel visita, contactade comigho nestes enderezos electrónicos:
gudabaten@yahoo.es
alexandreportela@gmail.com