a curruta xa é oficial
perdemos unha opositora e gañamos unha xuisa. perdemos unha vestimenta pixa e gañamos unha toga
fai dúas semanas que nos enteramos da nova. a nosa querida curruta conqueriu, non sen esforzo, a súa praza oficial de xuisa.
dende a páxina gz queremos mandarlle a nosa máis sinceira noraboa, máis que nada porque poderemos delinquir sen problema algún, xa que teremos un contacto perfecto nas máis altas esferas da xustiza do pais no que vivimos (tantos anos aturándote sabiamos que ían a ter premio)
a nova celebrouse cunha cea da que fomos participes algúns dos gezetas, algúns salesianos e algunhas adyacentes (esto último sempre con cariño, pero xa sabemos que o núcleo é o nucleo). rumorease que tera lugar outro festexo en breves datas cando o "quorum" sexa maior, e varios emigrantes tornen á terra patria. manteremosvos informados
tamen teño que dicir que este nombramento xusticeiro é a excusa perfecta pra cumplir a miña promesa de ir a un concerto de hombres g coa persoa que nos ocupa. este gran acontecemento terá lugar o día 2 de xullo no auditorio vigués de castrelos. podedes vir todos os que queirades; comentase que a recién nomeada xuisa vai tolear e soltarase a melena (pode que a toga tamén)
noutro apartado, aproveitamos para desexarlle moita sorte os "futuros" funcionarios (o químico, o físico, o artista, a carceleira…) que en breve terán a oportunidade de formar parte da gran plantilla de traballadores do estado español, e aproveito para indicaros a todos que eu terei outra oportunidade porque, como se preveía, este ano non me toca. pois vai ser que non
pd: curruta, non é por nada, pero xa ían sendo horas ;)
1 Comentarios:
a min a verdade é que a xuisa dame peniña. agora ten que vivir en Barcelona con algo máis de 200.000 pelillas das de antes.
Que mal o vai pasar. Non vai poder aforrar :-P
Por
GZ_Oki, ás 22:44
Publicar un comentario
<< Home