webgz. txalaos do revolt

23.6.05

Perdidos

Hoxe vou recomendarvos unha serie que me está a sorprender gratamente. Chámase Perdidos (Lost para os iankis). Fai un par de semanas comezaron a emitila na cadea do goberno, ainda que eu xa lle botara unha ollada na FOX.

O certo é que esta semana baixeime uns capítulos da mula (de certo toda a primeira tempada) e despois de ver 4 capítulos a miña impresión é moi positiva.

O argumento é bastante simple: un grupo de xente do máis variopinto atópanse da noite á mañán perdidos nunha ¿illa? a causa dun accidente de avión. Cada personaxe ten a súa historia particular. Historia que pouco a pouco vaise desgranando a modo de flashbacks. Por suposto, na ¿illa? no están sós. Grandes doses de misterio, emoción e aventura nunha serie, que, polo momento, promete. Esperemos que non a caguen. Venme á mente Twin Peeks.

Aquí vos deixo a lista de capítulos da primeira tempada coas súas ligazóns correpondentes para que os baixedes da nosa boa e vella amiga a muliña:

  1. Piloto. Parte 1
  2. Piloto. Parte 2
  3. Tabla Rasa
  4. Expedición
  5. El conejo blanco
  6. La casa del sol naciente
  7. La polilla
  8. El timador
  9. Solitario
  10. Criado por otro
  11. Incluso los mejores tienen conflictos
  12. En cualquier caso

4 Comentarios:

  • reafirmo o comentario do noso amigo oki. vin un ratiño a serie este domingo e paréceme cando menos interesante.
    unha boa serie por fin na tv, pero claro, o horario non parece que sexa o mellor. a ver se as cadenas se enteran de que queremos máis series con bos argumentos e menos porcos serranos, comunidades horteras, hospitais descentrados, veciños abafantes...
    unha dubida: se nos enganchamos...., ¿haberá maratón perdidos????

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 21:05  

  • Vin un rato da serie e dende logo, a calidade so a vin nas suas protagonistas femininas; unha selección entre o mellor das "Pieces of Waves",superando con creces o casting dos vixiantes da praia. Se a isto lle engandimos que que tralo accidente de avión, as mulheres, somentes encontraron da sua equipaxe, camisetas axustadas, pantalóns cortos e bikinis, a serie semella unha colección dun reportaxe de playboy na praia.

    Manifestar o meu absoluto desacordo cos comentarios despectivos do GZ_jaionintzen ás series espanholas, xa non ten lembras da serie infame, rapaz carallo, eso si era calidade; socrates, manu, el buenasss, los silvanos. Para cando un artigo reivindicando unha serie que para moitos foi máis importante ca Verano AZul?

    Por Anonymous Anónimo, ás 12:11  

  • Está claro que a serie é interesante, pero o que non me trago é que teñan unha organización tan ben preparada e atoparan tantas cousas en perfecto estado.
    Non é normal que a xente esté como está, as maletas enteiriñas e o avión feito trizas.
    A verdade é que deixando isto de lado, podemos observar unha serie chea de tipas e tipos cañóns, e outro (un irmán meu, ja, ja), que non pasa fame nin nada nesa isla avandonada.
    Seguro que ó final vannos salvar os de Antena 3, co concurso da Isla dos Famosos, ja, ja, ja.
    Saludos....

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 22:25  

  • lolailo, se non se permiten licencias artísticas xa me dirás onde vai estar o interés.

    Ver como 40 tipos están despedazados e somentes queda un supervivinte que quedou con dous muñóns por brazos non ten demasiado tirón mediático ;-)

    Por Blogger GZ_Oki, ás 07:52  

Publicar un comentario

<< Home