webgz. txalaos do revolt

28.2.09

Volve á orixe

Benqueridos gezetas. Temos unha exclusiva de última hora que foi achegada polo propio impricado.
En breves xornadas, o gz_pastor, como bem dicían nesa boa campaña de leite Larsa, volve á orixe.
O noso compañeiro vai tomar o camiño de volta que fai xa case dez anos tomou dende a nosa cidade patria Vigo ate o inferno turko.
A noticia foi recollida nunhas declaracións, breaking news, que inda denotaban, ó mesmo tempo, algo de sorpresa, ledicia e tristura por deixar atrás unha cidade que o acolleu coma outro turko máis (ultimamente, cada domingo preguntaba máis polo resultado do deporculo que polo do propio celta), na que deixa compañeiros banqueiros, algunha inversión, e lembranzas que algún de nós compartiu en noites de xoldra no orzán, como primeiro campamento base pra visitar a serpente multicolor no angliru asturiano, ou de pase a festa folkeira de Ortigueira.
Atrás vai deixar sos ante o imperio turko ó gz_oki e a súa dona coma única presenza gz ante o invasor, refuxiados no reducto cullerense.
GZ_pastor. Dende aquí dicirche que, coma dicía Judy Garland no Mago de Oz, "éstase mellor na casa que en ningún sitio".
Benvido de novo. Non caminarás só. A experiencia do vagalume entresemana agárdache. Prepara o figado.

2 Comentarios:

  • Ordiá, pero qué foi? Xa me diredes qué ocorreu realmente nos lares Turcos para que o GZ_pastor volte a casa por Carnaval. Este venres chegarei a Vigo, pero liscarei súbito, o sábado para más precisión, camiño de Xixón. Vou buscar o coche e levarmo a Xixón, que o meu irmán xa marchou de Vigo hoxe, e non creo que volva en un pouco de tempo. Así que espero vervos o venres noite e xa me poñedes ó día, Breaking news por suposto.
    Apertas a todos

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 21:04  

  • Presion Horribel!
    Primeiro PaKo Vazquez e aghora GZ_Pastor... que esta a acontecer en Turkia...? Isto Fede... a Dose. Non sei que dizer. BreiKin Nius.
    Benvido o teu lar. Xa me contaras coma se leva o tema de voltar a cidade das Illas Cies logo de viver no extraxeiro.
    Apertas!

    Por Anonymous Anónimo, ás 05:29  

Publicar un comentario

<< Home