PORRA OSCARS 2009

Como cada ano ofrecémosvos a posibilidade de participar na porra dos Oscars.
Sinxelo. Baíxate o arquivo de "megaupload", cubreo cos teus pronósticos e reenvíanolo ó noso correio gezetas@gmail.com.
Coma o ano pasado as porras son gratis, pero limitamos o número de porras por participante a 3. Se queredes pagar 1 euro, ninguén vai dicir nada, e así poderase mercar algo para o gañador ou gañadora.
Aceptaranse porras enviadas ate o domingo 22 de febreiro ás 23.59 horas. O luns colgarase un arquivo onde poder comprobar as porras enviadas e os resultados da ceremonia.
Sorte.
Porras enviadas

Resultados da porra

Nesta edición temos un claro gañador, inda que os demáis quedamos a tan só 1 acerto do empate. Non farei mención da demisión da miña primeira porra, pero é que non vira case ningún dos filmes que entraban a votación (Lamentabel, 2 puntos, juas, juas).
Moitísimas felicidades ó GZ_Miska, que levou a porra con crase, e fíxose notar o seu coñecemento neste medio. Moitísimas gracias ós participantes, inda que este ano faltaron uns cantos. Debe se-la crise que anda fodendo a todos, je, je, je.
Ata o ano que ven. Unha aperta.
5 Comentarios:
Noraboa miska. Xa vexo ke eso ke dis de "eu de cine e de música, cero" e unha excusita máis pra gañar as porras dos oscars e as batallitas.
A ver se na quiniela tamén atinas así.
Por
GZ_jaionintzen, ás 20:18
Con algunhas excepcions (wall-e ou o cabaleiro escuro, por exemplo), poooooooode ser que haixa algo de copy-paste na miña porra. Mihhhh
E o oscar vai para ......
Por
GZ_Miska, ás 22:25
Noraboa perra!!
Incrible o espectáculo do Lobezno na gala dos Oscars. Mirádeo en Youtube. Saiuse nos números musicais.
Por
GZ_Oki, ás 11:44
Eu vin o comezo da gala, ata que lle deron o Oscar a Pé, e realmente o tipo no comezo foi xenial. Eu partinme máis dunha vez. Noraboa Miska. Copiando chégase lonxe, mírame a mín, je, je, je.
Apertas a todos. Vótasedevos de menos.
P.D.: igual vou a finde do 6 o 8 de marzo, inda que creo que só me quedarei ata o sábado á tardiña.
Por
GZ_Lolailo, ás 20:24
So por critiKar...
Iso de MisKa RurK millor ator sona a Marinheiro Tarugo e outros persoeiros varios que andan por ahi arrastrandose en Rialitis. Sean Penn coa Lefa iba ganhar fixo. Gholibud non e tan Ianki (aghora inda menos, que van sobroas co Obama).
DoSe!
Curras Millor Ator!!
Queremos un musiKal con Ghaioso!!
Por
Anónimo, ás 05:56
Publicar un comentario
<< Home