Viaxe a Tenerife
Hola a tod@s
Eiquí estou outra vez relatando as peripecias dos meus viaxes. Desta vez tocou a maravillosa illa de Tenerife, onde residen varios Gezetas. Neses días residín na casa do GZ_xarrai e máis a muller_xarrai, os cales foron uns grandes anfitrións. Eu quedei encantado. Espero pode-lo repetir algunha vez. Tamén visitei ó GZ_salgueiriano, inda que por visitas familiares non puiden pasar que unha comida con él. Todos están moi ben, e espero que sigan así moito tempo.
Os primeiros días na illa foron moi bos. Con calorciño e sen probar a auga, que había moito que facer. Fixen a visita ó Teide, pero non puiden subir ata a cima xa que había moito vento. Unha pena, inda que me aforrei 24 euros, que é o que custa o teleférico. Vaia vistas dende á baixada do Teide. Ata cheguei a ver as illas de Gomera, el Hierro e la Palma.
O sábado tocou facer unha gran churrascada ó borde do mar, nunha praia non moi frecuentada, cun muro moi interesante onde facer unhas boas brasas. Que boa estaba a costela, umm.
A volta a illa foi para o domingo. Escomenzamos po-lo interior, atravesando ata Garachico. Precioso pobo onde teñen montadas unhas interesantes piscinas naturais. Moi recomendable. Continuamos hacia Icod de los Vinos, onde está ó Drago Milenario, unha árbore típica da illa. Se algunha vez ides alí, non entredes na casa do Drago, a ver o xardín e o propio Drago, xa que te cobran e non ten nada. O mellor é subir ata una praciña que hai enriba, e ve-lo Drago dende o seu mirador. Logo fomos pola Orotava, pasando por Puerto de la Cruz ata Santa Cruz, onde puiden observar que é unha cidade morta os domingos. Todo estaba pechado, ata a Oficiña de Turismo (increible). Ninguén pola rúa. vamos, unha cidade fantasma.
O luns fomos visitar algunha parte do sur que inda non coñecera, como ós Xigantes. E logo praia.
O martes fun ata Santa Cruz para comer co GZ_Salgueiriano, e vin a zona de marcha. Catro locais máis ou menos, nunha mesma rúa. Poca cousa, pero é normal, xa que a xente do norte vai ata a Laguna para sair. A Laguna, o casco histórico é Patrimonio da Humanidade. O único que digo, e que me perdonen os amantes desa cidade, é que como pode ser P.H. un casco histórico que está case que todo reconstruido do ano 1900 ou por ahí. Vamos, unhas construccións típicas entre América e Europa, e pouco máis. Ahora sí. De todo o que hai na illa, está claro que a Laguna é o mellor que teñen, e o máis bonito. É moi agradable.
E por último, o derradeiro día, de compras, inda que non merqui moito, o que máis interesante me pareceu foi ó regateo que hai que manter con todo-los Indios ou Paquistanís, que teñen case que toda-las tendas de tabaco, e de tecnoloxía. Case que se podía rebaixar un cartón de tabaco 1 euro se te poñías un pouco farruco, je, je.
Conclusión. Unha illa pra visitar. Sol, praias, inda que moi diversas unhas de outras. Con area, con rocas, con... E pouco máis, a verdade. Recomendo a visita.
Eiquí as fotos.
P.D.: A xente que coñecín na illa encantoume. Os amigos dos GZ's son moi boa xente. Quedei encantado. Espero ter novas pronto, porque teñen programada unha visita a Madrid un mes destes, e eu deseando ter visita.
Unha aperta a todos

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home