webgz. txalaos do revolt

28.6.08

Viaxe a Brindisi (Italia)


Coma non podía ser doutra maneira, eiquí estou outra vez para relatar a miña última viaxe. Desta vez fun ó sur de Italia, a Brindisi, onde a miña amiga María Rosaria casábase.

Foron 5 días estupendos onde o máis relevante foi, a máis do casamento, a segunda viaxe oficial do Papa Benedicto XVI. Unha pena que tiveran tanta seguridade. Case que non puiden nin ir a casa onde paraba para cambiarme de roupa, xa que o acceso só estaba permitido a pé. E unha pena tamén que me queimara a cara na Misa do Papa. Quen me mandaría a min ir sen ninguna crase de protección.

De todas formas, inda queimado e todo, puiden disfrutar da miña estancia, comendo e bebendo fora da casa tódolos días, degustando as viandas que por alí son célebres (case que todo marisco, pizza e pasta).

Eiquí vos deixo unha reportaxe para que vexades.

Unha aperta.