Asturias patria querida
Hola a tod@s.
Esta é a reportaxe sobor da miña viaxe deste fin de semana pasado, onde visitei Asturias e máis a cidade de León.
A verdade é que foi a miña primeira toma de contacto co novo piso de Xixón, e con Asturias, xa que temos que contar coa miña próxima partida a esas terriñas. E claro, a verdade é que non coñecía moi ben algunhas paraxes da rexión, como por exemplo os Lagos de Covadonga.
Fun cuns amigos de Madrid, a miña compañeira de traballo Arroz, e máis o Ito e Petete. Chegamos ó Venres sobor das 23 horas a Xixón, e non nos deu máis que tempo para chegar o barrio de Cimadevilla e cear de P.M. nun dos bares da Praza Maior (Chipiróns, Mexilóns a mariñeira, solomilliños con crema de cabrales e chourizo á sidra, de postre tarta de queixo), seguido de copas e máis copas ata as 6 da mañá. (Debo anotar eiquí que os bares de Xixón están abertos case que todos ata as 6 da mañá).
O día seguinte tivemos visita ó Santuario de Covadonga e ós Lagos, imitando os grandes ciclistas que fixeron a subida e rememorando algunha que outra curva compricada. Nos Lagos incluiuse comida no único restaurante do lugar (Troita asada, calamares de potera, tabla de queixos, e catro racións de cabritu guisado, máis tarta de queixo caseira de postre). Logo volta ó fogar e a cear en Uvieu (Ameixas á mariñeira, Longueiróns, Pixín rebozado e frito e solomilliños con crema de cabrales) e copas ata as 7 da mañá, ja, ja, ja. Moita martxa hay por alí. Debedes coñecela nun futuro.
O último día, pola mañá paseo polos areais de Xixón. Pola tarde visita da cidade de León, inda que comimos moi tarde (Pizzas variadas e lasaña boloñesa), pero nos atenderon moi ben no único lugar que atopamos aberto ás 5 da tarde).
Chegada a Madrid e reparto de persoas nas súas casas.
A reportaxe fotográfica eiquí.
Unha aperta.
P.D.: Cando queirades estades invitados á miña casa e pasar tamén uns días estupendos.

2 Comentarios:
Boa Reportaxe Lolailo. Estan moi bem as fotos.
Por certo, quen sexa, que me diga coma podo crealo meu usuario na paxina GZ. Coido que tengo certos problemas pra atopar como facelo.
Certa DemiSioN....
DOSE
Por
Anónimo, ás 23:06
Mandeite de novo a invitación para que te rexistres como autor na páxina.
Mandeicha á dirección de yahoo.
Se non te chega avísame e dime a onde cha mando.
apertas Guda!!
Por
GZ_Oki, ás 08:15
Publicar un comentario
<< Home