Diario dun heroinómano. O gran camiño
EDITADO DIA 0 - DIA 1 - DIA 2 - DIA 3 - DIA 4 - DIA 5
Os tempos son chegados, meus queridos gezetas.
Esta semana comeza a xeira por espanha de HEROES DEL SILENCIO, un dos mellores grupos de rock en español da historia da música. Un reencontro cos seus fans despois de 11 anos ó que terei o privilexio de asistir en vivo en duas ocasións, cunha previa incluida en pantalla grande.
Dende eiquí vos irei relatando o que vaia acontecendo. Tentarei que sexa diariamente, sempre que a emoción, a presión, o cansanzo ou as posibilidades técnicas mo permitan.
O miña tourné contará con visitas a zaragoza, pamplona, madrid, sevilla e zecais algún sitio máis. Se sabe cando se sale pero non cando se volve. Ademáis, encontrareime no camiño con algún gezeta e estarei acompañado sempre da nosa mascota.
Tentarei facer unha reportaxe fotográfica digna, inda que a fotografía non é o meu, sabendo sempre que nos concertos pasarei de levala cámara.
Mañá será o punto de partida no centro Travesía, fila 15, butaca 16.
O demáis, o contarei mentres vaia acontecendo.
GZ_jaionintzen marcha e voltará marcado por esta viaxe. Cando regrese ó berce dos gezetas, xa non será o mesmo. Algo faltará ou algo sobrará.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 0 - Mércores 10 de outubro
O camiño estreouse co visionado en pantalla grande do espectáculo. Grande espéctaculo. 40 fanáticos txalaos e mailo que suscribe "encheron" a sala do centro travesía pra vibrar co show.
Outra forma de ver un concerto. É coma ver un dvd pero ó bestia. Pantallón e son bestial.
A actuación, da que non vou destripar moito xa que algún vai vivirla en breve, foi simplemente xenial. Preto de duas horas e media do máis puro rock dun grupo entregado ó seu público. 25 temas tocados en 2 escenarios diferentes. Un directo sublime que me levou 11 anos atrás pero do que botei en falla algún tema dos máis cañeros do seu repertorio, véase los placeres de la pobreza ou a decadencia.
Experiencia no cine pra repetir pero coido que 600 duros é unha sobrada de moito carallo.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 1 - Xoves 11 de outubro
Primeiro día polas estradas espanholas. Vigo - Madrid: 600 km
6 horas de viaxe e outra máis pra buscares o aloxamento, no lar do gz_lolailo, e máis estacionamiento.
Viaxe tranquilo e sen compricacións. Tempraniño pra cama que hai que madrugar cara o primeiro destino importante: Zaragoza está máis preto. O reencontro está próximo.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 2 - Venres 12 de outubro
Madrid - Zaragoza: 300 km
Chegada á capital maña en torno as 12 do mediodía. Encontro con outro heroinómano artista, a súa moza e a nosa anfitriona na capital maña.
Visita breve polas ruas desta cidade aragonesa, á ofrenda de frores na praza do pilar, e ó recinto da romareda onde íase producir o ansiado reencontro.
Contra as 6 da tarde tomamos dirección ó estadio, e as 7 xa estabamos dentro. Dúas horas despois da apertura de portas, o aforo xa estaba na metade. Un extrano escalofrío percorríu o meu corpo o aparecer fronte a mín o escenario do concerto. Inmenso tablao que ocupaba gran parte do ancho do campo, composto por dous escenarios e varias pantallas de tv nas que se proxectaba o símbolo do grupo.
Ate as 9 pasamos o rato comendo e bebendo, amenizados por música de fondo dos beatles, david bowie, u2 ou a creedence entre outros. Estabamos algo mal colocados contra a parte final do campo, algo lonxe na miña opinión, pero no meollo do asunto.
E de supeto apagáronse as luces, as do campo e as do propio día que alumeaba xa coa lúa. Que puta presión. O corazón ía reventar de súpeto. Comenzou a soar Song to the siren, unha intro habitual nos seus últimos concertos, alo menos, 11 anos atrás. Algo estábase a fraguar. O rematar esta intro, duas pantallas proxectaban a imaxe de Bumbury e Valdivia cos primeiros acordes dun clásico temazo: El estanque. O público xaleaba, berraba, tarareaba, pensaba, evocaba, soñaba e ate choraba. Coa entrada de Andreu e Cardiel neste tema, o aforo enteiro empezou a botar e botar. O momento chegou e o reencontro se materializou. Non podo explicar que sensacións únicas percibín. So quería gozar. "El mar se derrama ahogándome y sólo hay arena". Non hai saída. Toca quedarse.
Deshacer el mundo foi o seguinte tema. "Empezar porque sí y acabar no se cuando"; eso quería eu, que non rematara nunca. E despois fomos nadar Mar adentro. Primeiro tema que escoitei e do que nunca me cansarei. Os catro héroes e máis Gonzalo Valdivia deleitaron ó público congregado con este arranque espectacular. E chegou un dos meus temas insignia: La carta o la incomprensión generacional. Temazo, temazo. "Porque no te entiendo, porque estás tan lejos". Sen verbas.
Agosto, Sirena Varada (especialmente jaleada polo respetabel) e Opio (cunha invitación o alcalde maño pra que se fumara algo) remataron a primeira parte do concerto que estaba comezando a tomar tintes épicos.
As luces apagáronse de novo mentres bumbury camiñaba por unha pasarela frontal que lle conducía a outro escenario, unha parte máis cercana o público. Un a un comezou presentando a tódolos músicos mentres soaba un medley de La mala hora. Andreu, aparecendo no escenario coa batería mentres subía nunha plataforma, Cardiel, G. Valdivia, e Juan Valdivia, "porque todos lo habeis querido así, el maestro", achegábanse a este segundo escenario que tiña toques máis intimistas. La herida, unha Fuente esperanza pra poder respirar, unha Apuesta por el rock'n'roll, o Heroe de leyenda e Con nombre de guerra foron especialmente postos en escea dunha manera dulce e cómprice, ate chegar a No más lágrimas, momento irrepetibel. "No puedo dormir con esas lágrimas goteando encima de mí" desgañitándome e botando coma un tolo e enfervorecido fanático heroinómano. Sen verbas de novo.
Despois desta puta presión, voltaron o escenario principal pra facer a parte máis cañeira do concerto. Nuestros nombres e o clásico El mar no cesa soaron de maneira especial entre os presentes entregados por completo ó espectáculo. Os ecos do Si menor anunciaban un dos temas máis esperados, Entre dos tierras, berreado de principio a fin por todos. Maldito duende deu un toque de nostalxía e Iberia Sumergida acabou por espertar todos os instintos animais do que suscribe. Despois bumbury invitounos a todos á Avalancha pra rematar unha actuación que merecía unha pausa.
Tras 3 minutos de espera, voltaron con Oración, un dos mellores temas de Senderos de traición, e con Tumbas de sal, tema que pouca xente esperaba oir esta noite. O rematar, o cantante pedíu que se apagaran todos os focos, e coa soa luz da lúa, de chisqueiros e móviles escoitouse La chispa adecuada, elexido pra rematar o concerto. Unha explosión de papeliños ó ar mentres a xente coreaba "la chispa adecuada" serviu pra que bumbury despedise os seus compañeiros e a sí mesmo, e dera as gracias os presentes.
Pero a xente quería algo máis. E voltaron de novo. Tesoro e Malas intenciones, raramente tocadas nas súas anteriores xiras, foron un agasallo. E coma traca final, En brazos de la fiebre donde bumbury e valdivia sellaban simbólicamente a paz dunha guerra que xa duraba moito. Eles dous no escenario sos, e nos punteos finais, bumbury alumeando cun foco ó maestro valdivia coma homenaxe particular.
25 temas desgranando os seus catro discos en estudio. Dúas horas e media irrepetibels. Bem, non tal, xa que unha semana despois terei a ocasión de repetilo.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 3 - Sábado 13 de outubro
Visita obrigada pola mañá á praza e á basílica do pilar, os pontes sobre o ebro e as instalacións da futura expoauga 2008. Xantar nas rúas zaragozanas, despedida do heroinómano artista, da súa moza e da nosa anfitriona, e camiño cara pamplona.
Zaragoza - Pamplona: 180 km. 20 euros de autopista (trakatá).
Chegada a capital navarra sobre as 9 da noite. Encontro coa familia. Leria interesante e saida polas rúas pamplonesas coa miña prima e o seu mozo. Estrano ver as rúas medio valeiras cando estas acostumado a visitalas en plenos San Fermín. Curioso.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 4 - Domingo 14 de outubro
Espertar tardío e xantar coa familia no lar do meu avó. Despois visita guiada polo percorrido dos encerros, dende a costa de santo domingo, a praza do concello, a rúa mercaderes coa súa curva martxosa, e a rúa estafeta ate a curva de timofónica que da entrada o calexón. Incrible que por un sitio tan pequeno entre tanta xente o 7 de xullo. De tolos.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 5 - Luns 15 de outubro
Paseo mañanero por Pamplona, algunha compras e xantar coa familia. Despedida e camiño cara Madrid.
Pamplona - Madrid: 450 km
Chegada as 10 da noite e reencontro con meu anfitrión na capital do estado espanhol, GZ_lolailo (a pista). Leria sobre a viaxe e o concerto vivido. Visionado dalgunha serie da que somos adictos os gezetas. Cea lixeira e pra cama que o funcionario ten que descansar e o que suscribe tera que chapar algo.
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 6 - Martes 16 de outubro
Mañá tranquila cunha visita á tenda pra coller provisións, e tarde de chapatoria que o sábado hai exame de facenda.
Este día tranquilo truncouse ó chegares gz_lolailo do curro. Boa dose de series, de pizza, de xenebra, de doses que nos levaron ate as 5 da mañá como cans e polo ar, mentres repetiamos unha e outra vez o capítulo de "peter file" (o que vexa it crowd sabe de que falo; o que non que a baixe).
GZ_jaionintzen informando na ruta.
DIA 7 - Mércores 17 de outubro
Sen noticias salientables ate a media tarde. Saída contra as 6.30 pra atoparnos co compañeiro gz_eligius e ir cear ó seu lar coa súa moza e con gz_blackrose. Breve visita polas rúas da capital onde destacarei o banderolo da praza de colón. Que sobrada.
Cea amena e divertida con toda esta boa xente falando de curro, de concertos e de arte ;).
Volta pra casa co gz_lolailo no blackrosecar e a voltas de novo coa xenebra. Nunca dormín máis.

4 Comentarios:
Estimado Erdian:
Dende o imperio do mal, sabes que podes contar con toda a ForZa e a PresioN de toda a Embaixada GZ.
Sera unha viaxe interior, que te transportara a unha epoca na que os GZ's se formaron. No piso Txoko, na Kondesa, rodeado de PsiKolobas, ou onde queira que nos levara un bo Larios con Peksi... E a todo isto no contexto do seculo XXI....
Mais tamen sera unha viaxe exterior, que te leve ala onde os Heroinomanos sempre estiveron. A caron dos seus siareiros, cos seus problemas, ledicias e dilemas, tanto persoais coma sociais. Onda o populatxo incomprendido alienado desta sUziedade que nos consume, berra que existen outros xeitos de entendela realidade.
Desfrutao GZ, pra que un dia destes nos xuntemos no Vaga, no Berbe ou onde queira que sexa, e falemos da nosa andaina neste caos que chaman Mundo.
Coidate Irmao...e desfruta...!!
Por
Anónimo, ás 06:54
Que teñas unha boa viaxe e vémonos en Sevilla o día 20.
Por certo, toca Bougslasky? Ou está no backstage e Valdivia fai playback? ;-)
Sen pikes...
Por
GZ_Oki, ás 17:09
Ke Presion Erdian!!.... Zaragoza... o Berce dos Heroes....
DoSe!!
Por
Anónimo, ás 03:09
Boas a tod@s
Hoxe foise, foise e deixoume cos meus pensamentos. Foise pra medrar, pra escoitar, pra disfrutar, pra ver de cheo OS MÍTICOS HEROES DEL SILENCIO na capital hispalense (Sevilla pra os da Logse). Vaia ben amigo.
3 días estupendos compartindo o meu minipiso de 30 metros cadrados.
Apertas e que disfrutedes os que ides a Sevilla.
Ciao
Por
GZ_Lolailo, ás 22:10
Publicar un comentario
<< Home