webgz. txalaos do revolt

14.2.07

Películas de Enero

GZs e demáis mortais da rede: A partir deste mes comezo unha serie de artigos destinados a comenta-las películas vistas durante cada mes.

Como ben sabemos cando comentámo-las películas vistas, para gustos hai cores. Anímovos dende aquí a que compartades con todos os vosos gustos.

Como diría o gran Gasset en "Días de Cine": “Llegó la hora de la pausa... espero que puedan contener durante unos minutos los impulsos sexuales de vuestras parejas... si no puede ser, no puede ser... en cualquier caso volveremos después de la publicidad con el sector más casto de la audiencia.”


  • El método: A película trata dunha entrevista de traballo a unha serie de individuos. Comeza moi moi ben pero a partir da metade comeza a desinflarse de mala maneira ata que xa é inevitable. ¿Por qué coño no cine español sempre meten con calzador esceas de sexo?. Doulle un 6.
  • Happy Feet: Simpática película de animación no que os protagonistas son uns pinguinos cantores. O prota canta coma se fora Leonardo Dantés pero baila coma Fred Astaire. Divertida e entretida, salvo o final. ¿Por qué coño as películas de animación teñen que acabar ben? Se o final o puxeran xusto 10mn antes sería unha película redonda. Pola merda de final quédase nun 7.
  • Babel: A verdade é que tiña moitas gañas de vela, pero antes da metade xa estaba bostezando e desexando que rematara dunha vez. Varias historias (3) que se relacionan entre sí dunha forma bastante evidente. A mellor historia sen dúbida, a da sordomuda. ¿Por qué coño Brad Pitt sempre ten que chorar?. Un 4 e con sorte.
  • Apocalypto: Unha nova chaladura do Mel Gibson. Colleulle gustillo a rodar en linguas mortas. Desta vez en Maya. Ainda que cabe dicir que a película sae gañando. Se estivera dobrada (ou en inglés) perdería cáseque todo o que ten. Historia simple como poucas, ainda que ten momentos de intensidade. Moito corazón sanguinolento. Por momentos aburrida. ¿Por qué coño non se lle ocorre outra idea ó prota que meter á súa muller nun burato? En total lévase un 6.
  • Alatriste: Outro bodrio de carallo. O único que se salva desta cinta é a ambientación, os decorados, a luz e o vestiario. As actuacións patéticas. Por favor, Viggo, non actues igual de Aragorn que de Alatriste. ¿Por qué coño rodaron a película cando Arag.....err....Viggo estaba afónico?. Un 2 por facela Aragorn :-)
  • The Prestige: Película entretidísima. Despois da horrible "El ilusionista" dábame medo ver esta. Pero sorprendeume gratamente. Loita de titáns interpretativos: o xenial Michael Caine e o cada vez máis incrible Christian Bale (recomendo "El maquinista"). Ata o tipo que fai de Lobezno está máis que ben nesta película. Loita de magos cun final un tanto sorprendente. Xenial. Un 9 sen dúbida.
  • Mentes en blanco: Chegaba coa vitola de ser unha mistura entre Saw, Reservoir dogs, e non sei cal outra. A verdade é que é outra merda sen sentido. De Saw copia descaramente o principio, de Reservoir dogs......anda xa!!!! non copia nada, xa lle gustaría!!. Se deixa ver pero non convence. Un 5.
  • Saw III: Despois da incrible primeira parte e da máis que correcta segunda, chega este bodrio que non serve nin para limpa-lo cú. Cúmulo de despropósitos que recurre unha e outra vez a flashbacks da primeira parte. Por ter, non ten nin a marca da casa: Un final sorprendente. Esta fixo que é a derradeira da saga porque non creo que vaia nin o Tato a vela. Un 2
Prezo da entrada de cine: 6€
Prezo das palomitas: 3€
Prezo da Coca-Cola: 2,80€
Poder ver todas estas películas sen gastar un só céntimo: Non ten prezo.

Graciñas, BitTorrent!!!


En breve, as películas de Febreiro.

Etiquetas: ,

4 Comentarios:

  • Unha nova proposta na nosa páxina GZ. Qué ben, parece que poderemos escribir un pouco máis, se cabe, do que o facemos.

    Pola miña parte só visionei 3 películas: The prestige, Alatriste e Babel.

    The Prestige: moi entretida, e unha vez vista tamén O Ilusionista, quédome coa primeira. A verdade é que os actores fan un papelón. Moi lograda. Doulle un 8.

    Alatriste: interesante versión das historias de Pérez Reverte, inda que con moitos saltos no tempo, que me fixeron perderme un pouco. E está claro que non dobrar a Viggo creo que foi un erro. Un 6 se acaso.

    Babel: 3 historias que teñen conexión, inda que a única que me gustou foi a historia dos xaponeses. Houbo un intre que esperaba que a rapaza poidese voar ou teletransportarse, como en Heroes, ja, ja, ja.

    Esperemos ver algunhas máis, inda que coas series estou case que compreto.

    Unha aperta a todos

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 21:03  

  • El método: bo resumo de oki. Prestoume moito a actuación de Ernesto Alterio. O peor, o final. Contestando a pregunta de oki, e ¿por que non?.

    Happy feet: ta bem. Película con mensaxe. Incríblemente real cando o protagonista esta encerrado nunha gaiola. Final típico. Contestando a pregunta de oki, por que é unha pelicula de debuxos animados estreada en navidades pros nenos, inda que esta parece estar máis dirixida ós adultos.

    Mentes en blanco: Gustoume a trama, a intriga e o final. Nada que ver coas películas coas que se comparaba.

    O resto inda non as vin. Esta semana toca empaparse de oscars: babel, the queen, o fauno, infiltrados, iwo jima dos collóns, diamante de sangre....
    A que xa vin é pequena miss sunshine que recmendo a todo@s.
    Próximamente comentarios de todas elas.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 16:58  

  • Alatriste: Como destrozar a base de cartos unha historia interesante que tiña gañado a moitos lectores. Os constantes xemidos do tal Viggo pretendendo vocalizar en castelán sinxelamente lamentable. Os saltos atolados no tempo só poden entenderse polos que leron os cinco libros (ata ese intre). A pouca presencia de Ínigo de Balboa na trama é inexplicable e incoherente. Faltalle tanto(u-la tensión? u-la intriga?, quen lle deu o visto bó ó guión?) que quizais poderían empezar de novo. Quizais a primeira película de aventuras que sen desenrola de forma tan lenta que fai case que durmir. Doulle un 3.

    Por Anonymous Anónimo, ás 17:11  

  • En busca de la tumba de Cristo: o interesante desta película non foi a proxección en si mesma senon adiviñar como acabamos dentro da sala. A realidade é que isto foi ou será un dos grandes estrenos que telecinco fará a vindeira semana santa, típica producción de grandes relatos á italiana con axuda española (Enrique Cerezo). O verdadeiro problema da película é procurar facer cine de época sen presuposto, a cousa non funciona.

    Por Anonymous Anónimo, ás 04:58  

Publicar un comentario

<< Home