webgz. txalaos do revolt

31.10.06

Nova rede en ciernes

Os gezetas venimos tramando dende fai unhas semanas a realización dunha nova rede. ¿Cal será a sede?, ¿qué días?, ¿quén virá?, ¿a qué viciaremos? son preguntas que andan pululando polas mentes gezetianas e que inda non teñen cumprida resposta. De ahí a nova que estades a leer.
Eu propoño e vos dispoñedes:
As mellores datas parece que son na ponte de decembro. De mércores a domingo deberiamos coller un par de días que a todos nos vaian bem. Máis días, máis vicio. Espero opinións dos futuros participantes.
Calquer persoeir@ que se traia o seu gezetatrón será bem recibido. Eso sí, aquel/a que queira participar deberá facerse unha conta de gezeta nesta, a nosa páxina, se é que non a ten feita xa, antes do comezo da rede. Esixencias do guión.
Vigo parece a sede máis favorabel pra tod@s . As opcións de Vilaboa e Santiago perden folgos pouco a pouco.
Revolt, batallitas, fifa 07, postúlanse como xogos estrelas da nosa party. E ademáis, novo rede, novo xogo: Miniracing. Este xogo coñecido recientemente por parte dos nosos integrantes, parece un vicio ideal. Carreiras de coches con vista aérea na que as estratexias e os axustes de cada carreira poden pesar moito pra dilucidar o vencedor final. Practicas, clasificación e carreira, foro de discusión, e incluso a posibilidade de subir tempos á páxina do xogo pra seguir as evolucións de cada quen nunha clasificación virtual. Ós gezetas máis veteranos traenos lembranzas da vella zone e do máis recente spy. Sabemos que é un xogo recomendabel pero tamén sabemos que nunca poderá chegar as cotas do revolt. Se queredes comezar a viciar e estar en forma pra xuntanza deberiades clikar akí e descargarvos o xogo co pack de pistas de Fórmula 1.
Na máis. Estades tod@s avisados. Canto antes sepamos os participantes e a qué queredes viciar, antes poderemos planifica-la rede e organizar grupos e diversas puntuacións pros diversos xogos co gallo de conquerir unha clasificación final de vicio dos gezetas.

6 Comentarios:

  • hai que pensar ben antes da rede como facemos cos regraxes dos coches.

    Para quen non o saiba hai dous tipos de clasificación: utilizando tracción a 100 ou a 0.

    A miña opinión é que é máis recomendable a opción de tracción 100. O manexo do coche é moito máis real e non se convirte nunha carreira de autos locos.

    Cando subades os tempos marcade subir tamén a tracción se a tedes en 100 e subiredes o tempo á clasificación de T100.

    Unha posibilidade (para min a mellor) é xogar todos cos mesmos regraxes. ¿E cales poden ser eses?

    Eu propoño coller no ranking, por cada pista, o regraxe do mellor clasificado (do participante que subira tamén o regraxe por suposto) e utilizalo todos.

    Tamén deixaría desactivado as repostaxes en boxes, o cambio de rodas e por suposto as colisións. Como moito activaría as repostaxes.

    Pero alá cada un. A maioría decide.

    A VICIAR!!!

    Por Blogger GZ_Oki, ás 16:33  

  • Pois a verdade é que a mín, persoalmente, dame igual o lugar da rede, onde sexa váleme ben, inda que por preferir, pois claro que diría Vigo, je, je.

    O dos reglaxes, a verdade é que non os entendo nadiña, ja, ja, ja, así que voto por telos todos os mesmos, inda que haberá que buscar cáles son os mellores.

    Por certo, igual temos outro GZ que xogue con nós, porque acabo de falar co GZ_guda e díxome que xa ten luz verde pra mercar ordenata, e xa está buscando, así que igual o ten pra antes da rede, e internet tamén.

    Presión, o Guda tamén entre nos, je, je, je.

    Xa veremos como vai a cousa.
    Unha aperta.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 21:57  

  • Actualización indispensable para a versión 0.95a

    Xogo en galego

    Por Blogger GZ_Oki, ás 10:45  

  • A 24 días de comezala rede, os gezetas comezan a estar en forma.
    Vendo a clasificación do miniracing comprobamos komo gz_oki esta no posto 50, gz_jaionintzen no 60, gz_miska no 66, gz_guais no 71 e gz_lolailo no 152 (e inda lle faltan 3 pistas pra subir tempos).
    GZ_guda, se keres estar á altura, xa podes ir mercando o portátil e adestrar.
    A rede promete.
    Seguiremos comunicando.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 12:49  

  • Joer, chegar ó posto 50 a verdade é que é asequible. O caso é comezar a subir máis posicións.

    Para chegar ó 49 hai que baixar 2sg e para chegar ó 48 hai que baixar......case 3!!!!!!!!!

    Está moi caro chegar o TOP10 :-D

    A adestrar GZs!!!!

    Vaia rede...

    Por Blogger GZ_Oki, ás 13:12  

  • GZ's:
    Sen Pikes, Sinho, e so pra facer unha comparanza coa que poidades estar afeitos,.... Presinto que vou selo "Lolailo" da rede. Por iso tenho que escomezar a adestrar XA!!. Pra iso preciso axuda GZ: Xa tenho aprovazon pra mercalo ordenador e non sei que e o que debo mercar. O unico requisito e que vai ser portabel. Do resto non hai problemas sempre que entre nun presuposto razoabel.
    Asi que, sobor de todo Miska e Oki, consultade cos GeZeTaTrons e preguntadelle se queren unha irmá ou un irmao. É dizer, especificazons tenicas respeito do que mais ou menos deberia procurar.
    Apertas e Doses pra Tod@as!!

    Por Anonymous Anónimo, ás 01:10  

Publicar un comentario

<< Home