webgz. txalaos do revolt

25.7.06

Concertos en Madrid

Xa habiamos dito que en galego non hai tempos compostos, je, je. Pero pódense facer concertos compostos, coma por exemplo ós que fun neste mes de xullo na Praza de Toros das Ventas (de valde, gracias Espe...).

Primeiro foi o concerto de Savia e Mago de öz, no que os asistentes disfrutaron das cancións do novo disco de Savia, e tamén das míticas e máis novas cancións de Mago de öz. Á semana seguinte foron os concertos de El Canto del Loco, non só un nin dous senon tres concertos seguidos no mesmo lugar e á mesma hora, martes, mércores e xoves. A miña entrada foi para o derradeiro concerto (de valde, gracias Espe...). Unha enchenta de rapazas foron ve-lo. A maioría menores de idade, certo é, pero tamén había algún/ha cuarentón/a, ja, ja, ja.

A música enche a alma, e por iso os concertos compostos pódense compaxinar, sobor de todo se son de valde (gracias Espe...).


P.D.: Pendente está se atopo entradas para ó concerto de Sabina en setembro e do Boss en outubro, na Praza de Toros das Ventas.

P.D.2: Problemas coa rede impiden insertar as fotos. Seguro que a están esgotando na megasuper rede de Valencia.