webgz. txalaos do revolt

17.5.06

Día das Letras Galegas

Hoxe estamos de noraboa todo-los GZ's.

Hoxe é o noso día. O día das Letras Galegas.

E hoxe tamén foi elexida a palabra máis fermosa da nosa lingua. Bolboreta, acadou a máxima votación da enquisa feita por La Voz de Galicia. Lonxe quedaron outras entre as que cabe destacar con nada máis e nada menos que 50 votos Vagalume. Dende eiquí mando unha aperta a eses 50 votantes (esperaba que foran moitos máis, je, je).

Nada máis po-lo momento, es espero que cada vez máis xente poida escribir e falar en Galego, e que cada vez máis xente participe na nosa benquerida páxina GZ.

Unha aperta a todos.

P.D.: Un Vagalume ía cara o seu traballo, e atopou po-lo camiño cheo de Brétema unha Bolboreta. Ela, con moito Agarimo díxolle que tiña Morriña, pois non vivía preto dos séus. El encheuse de Ledicia e díxolle que non se preocupara, que po-lo menos tiña Saudade.