Facendo as Américas (Parte V e última)
Despóis de moito tempo sen escribir, por mor da vagancia ou por problemas informáticos, esta é a última nova sobor da miña viaxe ós Estados Unidos.
Como non quero ser moi coñazo, xa que pasou tempo, vou simplificar ó máximo os tres días que me restan.
Noveno día. Cedo fun cara á Ponte de Brooklyn. Tremendo lugar onde puiden ver unha das máis lindas postais de Nova Yorke.
Posteriormente camiñando cheguei ata China Town onde merquei uns bolsos Guzzi e uns reloxios Rolex (imitacións perfectas).
Máis tarde cheguei ata o Rockefeller Center onde puiden observar a gran pista de xeo, típica dese lugar. O que non puiden ver foi a árbore de nadal. Inda era novembro.
Posteriormente almorzo e visita ó MOMA, onde entre outras exposición e cuadros de Picasso atopei un conxunto do máis coñecidos por todos dende fai tempo, os botes de sopa Campbells.
Po-la noite chegou o GZ_guda a Nova Yorke, e xunto co seu curmán e un amigo metímonos unha enchenta de pizzas, todas elas condimentadas con herbas.
Décimo día. Érgome na casa do curmán do GZ_guda cun resacón do carallo, e mentres a familia lisca pra iren a almorzar á casa doutro curmán, eu vou ve-la maratón de Nova Yorke. Mítica carreira de 24.2 millas.
Posteriormente visita ó Museo de Historia Natural, onde o máis destacado son os restos dos prehistóricos Dinosaurios. Tremendos.
O final do día xunto co GZ_guda e outro galego emigrado a Nova Yorke visitamos outra vez, e por derradeira vez Times Square, e tamén o Restaurante dos curmáns do GZ (se alguén vai algunha vez a Nova Yorke xa sabe onde se pode ir a almorzar ou cear moi ben e a bó prezo. Preguntade o enderezo se queredes).

Undécimo día. Pouco tempo habería pra facer cousas, así que adicámonos a patear po-la cidade, 5ª avenida, etc. Atopándonos uns parquímetros moi semellantes ós de Vigo.

E por último vista dende o teito do edificio do curmán do tremendo e precioso Central Park.

Espero que inda que tarde, esta nova pagara a pena. Unha aperta a todos e que as viaxes próximas dos GZ's sexan reflexadas nesta a nosa páxina.
P.D.: Gracias de todo corazón GZ_guda.
Como non quero ser moi coñazo, xa que pasou tempo, vou simplificar ó máximo os tres días que me restan.
Noveno día. Cedo fun cara á Ponte de Brooklyn. Tremendo lugar onde puiden ver unha das máis lindas postais de Nova Yorke.

Máis tarde cheguei ata o Rockefeller Center onde puiden observar a gran pista de xeo, típica dese lugar. O que non puiden ver foi a árbore de nadal. Inda era novembro.


Décimo día. Érgome na casa do curmán do GZ_guda cun resacón do carallo, e mentres a familia lisca pra iren a almorzar á casa doutro curmán, eu vou ve-la maratón de Nova Yorke. Mítica carreira de 24.2 millas.

O final do día xunto co GZ_guda e outro galego emigrado a Nova Yorke visitamos outra vez, e por derradeira vez Times Square, e tamén o Restaurante dos curmáns do GZ (se alguén vai algunha vez a Nova Yorke xa sabe onde se pode ir a almorzar ou cear moi ben e a bó prezo. Preguntade o enderezo se queredes).


Undécimo día. Pouco tempo habería pra facer cousas, así que adicámonos a patear po-la cidade, 5ª avenida, etc. Atopándonos uns parquímetros moi semellantes ós de Vigo.

E por último vista dende o teito do edificio do curmán do tremendo e precioso Central Park.

Espero que inda que tarde, esta nova pagara a pena. Unha aperta a todos e que as viaxes próximas dos GZ's sexan reflexadas nesta a nosa páxina.
P.D.: Gracias de todo corazón GZ_guda.
2 Comentarios:
Tremendo GeZetaZo LOLaiLOL!! Pra min (GZ_Guda/Porris/Dose/669/....) foi un pracer contar coa tua visita. Unha vez mais, extendo a invitacion a Embaixada GZ no imperio do mal pra aqueles (GZ's ou non) que lles pete achegarse a esta beira do atlantico.
Grazas por omitir esas partes da noite totalmente Zensurabels, coma o feito de facer fumar pseudo-DOSES a duas tipas que vinhan de facela Marathon...
Iso si, botei en falla a mitika parte do "Doutor Jeans" (ou como se chame). Epilogo XA! XD
Por certo, inda estou a agardar algunha atualizacion da voda GZ do ano (e a este paso do Seculo!! hehehehehe).
Apertas!!
Por
Anónimo, ás 01:06
A pista o Guda!!!
Actualizacións da voda....pois estamos esperando a confirmación das persoas dubidosas....coma tí :-)
Sabemos que está moi compricado pero....¿sabes xa algo fixo?
Na lúa de mel visitaremos ós teus veciños os espaldas molladas. Coido que serán moito máis de fiar que os Americáns.
Por
GZ_Oki, ás 07:27
Publicar un comentario
<< Home