webgz. txalaos do revolt

22.11.05

Facendo as Américas (Parte IV)

Octavo día. Érgome cedo e diríxome a colle-lo Ferry a Staten Island, Ferry gratuito que pasa preto da Estatua da Liberdade (haberá que aforrar, que Nova Yorke é moi cara, e visitar a isla onde está a Estatua custa 14 dólares, e total no se pode subir, que non déixan). A vista da Estatua, inda que é lonxana paga a pena. Tremenda visión tamén do Sky Line, cos rañaceos, e botando de menos a visión das Torres Xemelgas (nótase o hoco que deixaron).Volta a Manhattan e voume andando cara Wall Street, dende o comezo da Avenida Broadway. Wall Street tamén está pechada ás visitas turísticas, inda que dende fora pódese ver toda crase de Yupis, Brokers, etc, entrando e saindo pra votaren un cigarrillo e falar po-lo móvil coa parienta.
Dende alí diríxome a Zoa Cero, onde se atopaba o World Trade Center, do que non queda máis que un monumento ó estilo Cruceiro Galego feito cos restos das Torres. É un lugar que estremece nada máis chegar, nótase un ambiente calmo, a xente fala pouco, e adícase a ler os murais en memoria das víctimas, e de como aconteceron os feitos daquel fatídico día 11 de setembro. Pódese observar a cantidade de pisos que están construindo embaixo do lugar (eu chegei a contar ata 9 prantas subterráneas). E tamén cómo quedará ó lugar cando se rematen as obras, cuns edificios moito menos altos que os anteriores e unha praza cunhas luces que simularán de noite as Torres Xemelgas, así como algunha que outra edificación acristalada transparente. Será outra cousa.

Xusto alí mesmo están os grandes almacéns Century 21, uns dos máis baratos de toda a cidade. Entro e busco Vaqueiros. Atopo a zoa dos Jeans, pero non vexo a miña talla, po-lo que decídome preguntar a un tipo (dependente) pra que me aconselle. Dado o meu nivel de inglés, do que o GZ_guda quedou sorprendido, non ia ser cousa difícil entender ó dependente, pero realmente non foi así. O tipo era un Brother (como chamábamos os GZ's ós negros con pintas de rapeiros e cousas así). Realmente era un Big Big Brother man. Díxome que alí non había tallas grandes, pero que se quería podíame dicir un lugar en Manhattan que seguro que tiñan. (Ata eiquí entendín perfectamente o que me dicía). O problema veu cando intentou dicirme o nome da tenda e ónde estaba ubicada. Non lle entendín nadiña. Só que a tenda chamábase Doctor... Vamos, que con iso non podía ir a ningures, así que saquei o mapa de Manhattan (tremendo mapiña da guía Lonely Planet). O Brother non atopaba o lugar, e contínuamente repetía o nome, pero eu seguía sen enteirarme. Cando me fun o que tiña claro era que a tenda chamábase Doctor Jan, ou algo así, e que estaba na rúa 34 (é que non sabedes o difícil que é entender a un home ou muller negros americanos, porque teñen un acento moi diferente que os demáis americanos). E como non pois funme a aventura de buscar aquel lugar. Cheguei no metro e collín a saida de Herald Square, e mira tí por onde, xustiño alí mesmo, a 20 metros atopábase un pedazo gran almacén chamado Dr. Jays, e que puña que tiña tallas grandes e tamén pra xente alta (curioso). O lugar era inmenso. Cheo de roupa de tóda-las tallas e cores, con moitísimos vaqueiros, que era o que eu estaba buscando. O único problema foi que a roupa era toda estilo brother rapeiro, así que cando me vexades con esa roupa ides rirvos un bó cacho (merquei 5 pantalóns e 3 camisetas).

Logo de todo isto, fíxoseme tardísimo, e funme pra o Hostel, que a noitiña tiña que asistir ó partido da NBA entre os NY Knicks e os Washington Wizards no Madison Square Garden, da rúa 34. Chegada ó estadio e nada máis entrar agasállanme cunha gorriña dos NYKnicks celebrando ós 60 anos de historia que se van a celebrar o próximo ano. Chegada o asento e gran impresión daquel lugar. Moitísima xente nas gradas. Moitísima xente mercando perritos, hamburguesas, e comida basura a esgalla. O partido non foi gran cousa, inda que eu disfrutei moito, tanto po-lo que pasaba dentro da cancha po-lo que pasaba fora, coa xente en continuo afán de consumismo da comida basura (pop-corns, algodón de sucre, etc, etc). Por certo, o partido escomenzou como non podía ser doutra maneira, co Imno Americano (barras e estrelas) tocado cun clarinete e nada máis. Todo o mundo púxose en pé e moita xente levouse a man ó corazón (Pouco máis e eu tamén o fago). A afición dos Knicks non paga a pena. Non animan nadiña, non son como en España, que se vive doutra maneira. Final do partido co resultado de 75-86. Victoria dos Wizards.

Saín do lugar e funme cara Times Square pra ve-lo de noite, e a verdade é que impacta moitísimo máis. Moitísima xente e motísimos coches. Realmente é a cidade que nunca durme (po-lo menos ata á 1 da mañá, logo non sei).
Continuará......

1 Comentarios:

  • inda que queria comentar toda a nova cando remataras, vai sendo hora de por un comentario.
    grande reportaxe lolailo. digna dun gz. parece que o pasaches ben. Viaxe aproveitado: visitas turísticas, xoldras varias, doses gezetianas, compras en manhattan, reencontro co guda exiliado.
    algo máis xa nos comentaches en persoa. esperemos afondar en tódalas detalles da viaxe coa volta do guda. maratón viaxe :D
    de novo, boa reportaxe.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 18:10  

Publicar un comentario

<< Home