webgz. txalaos do revolt

17.10.05

Bodorrio gz

Si señor. Inda que case que todos o saibades xa, se casa un gezeta.
Poderiamos chamalo gezetorrio ou bodarriazo, pero o que é seguro e que vai ser unha festa por tódolo alto, comezando pola despedida de solteiro da que falarei máis adiante.
GZ_oki é o elexido. Este home con semblante serio, formal, educado e responsabel, é o primeiro en caer dos gezetas a unha nova vida extrema. Coido que o primeiro pensamento de todos nos ó enterarnos foi decir "uokssssss!!!". Podería decirse que saltou a sorpresa entre as diversas porras bodorriales que se baraxeaban. Esto non entraba nas prediccións de ninguén. Quen o ía pensar; un informático txalao que non pensa máis que no revolt e que inda non ten carnét de conducir e unha carceleira en ciernes a espera de conquerir a porra, o uniforme e sobor de todo as esposas. Que presión oki, vala desposar sen ter esposas (¿incongruencia ou serán as esposas da vida?).
O fatal ou feliz acontecemento terá lugar no 4 de marzal do ano que ven, e alí estaremos pra facer unha boa reportaxe, se e que a barra libre nolo permite.
O sitio escollido será nunha capilliña de Coruxo (preto da casa da noiva por iso de que non teña excusa pra chegares tarde) e a gran enchenta terá lugar en Redondela, nun antiguo convento (franciscano, mariano, salesiano ou gezetiano eso inda está por corroborar).
Entre as diversas ideas que se deron surxiu a de que a noiva apareza nun toyeca, a de que entre as arras estea o anel de poder, a de que vaian de lúa de mel en avión no vó 815 da compañía Oceanic, ou a de que o vals nupcial o toque algún dos compoñentes do G3. Parece algo inverosímil pero non descartamos ningunha (sorpresas te da a vida e de ilusións tamén se vive).
Os gezetas estamos de noraboa porque vai entrar a formar parte legalmente a primeira muller_gz, e xa sabemos que entre os gezetas o compartimos todo (sen pikes oki, esto está ben clariño no testamento gz).
Antes do enlace, terá lugar a despedida de oki da que xa se planteou unha data en principio. O 17-18 de decembro. Acéptase calquera tipo de suxerencia ou opinión de qué facer e de cómo facelo. O lugar inda está por concretar. Esperemos que todos os que esteades invitados asistades a non ser causa de forza maior, non vale calquera "excusita". Nos comentarios podedes opinar sobre a data elexida e confirmar asistencia.
Dende aquí non me queda máis que felicitalos de novo. Vaia bem, vosotros veredes.
Deixovos unhas fotos da feliz parella.

a parella anunciando o acontecemento

a parella vendo no que lles vai sair a broma

6 Comentarios:

  • Dende os Madriles doubo-la máis sinceira noraboa amigos.

    Síntome un pouco culpabel do feliz enlace. Penso que algo tiven que ver, ja, ja, xa que escomenzaron a sú andaina debido, entre outras razóns, a que o GZ_oki chegou a estudiares a Ourense, onde eu vivía dende xa facía 2 anos, e xa coñecía á GZ_carceeira.

    Claro está que o amor, as amigas, eles mesmos, tiveron moito que ver tamén, pero bueno.

    Síntome algo máis.

    Un gran bico pra os dous.


    ¡¡Xa habiamos dito que en Galego non hai tempos..., pero no REVOLT sí!!

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 00:37  

  • GEZETAZO DENDE O IMPERIO DO MAL!!!
    PARABEMS!! DOSES!!! A PISTAS!!! MARTXOSOS!!!! DROGHA!!!
    Podo convidalo meu amigo George?? e o meu Vicinho Pp Mari Ansar?? E a minha moza??....Chamase Condi, e o seu pai e un tal Darh Vader....
    Falando en serio, tenho unhas dubidas que me meten unha PRESION HORRIBEL. Por exempro: Quen vai conducilo Kamion das doses?
    Vai traballar Alfredo toda a noite na barra livre ou podera Kargarse Konnosko?? (Xa abonda de ExprotaZion!!!)
    Vaise tratar dun ritual Sataniko ou ZibernetiKo??
    K PRESION!!!
    Saudos a todos (GZ's e non GZ's; animais, vexetais, minerais, FunZionarios, Korinas e todos aqueles quen apoian esta parella...)

    Por Anonymous Anónimo, ás 02:03  

  • Orca!!!!!, joer cuanto tiempo. Me alegro de que andes por ahí en la retaguardia leyéndonos de vez en cuando (aunque no sé si entenderás demasiado). Lo dicho, gracias y me alegro de volver a hablar contigo. Viva el revolt!!!!

    Ós GZs, que podo dicir....gracias a todos. Agora non me fagades a pelota para que os invite. Xa sabedes que a lista ainda non está pechada jejeje.

    Erdian, o teu comentario sobre comparti-la muller GZ estivo fora de lugar ;-). Sabes ben que non está nos estatutos.

    Sobre a despedida, sinto que non poida estar todo o mundo, pero apañade unha data na que poidan a maioría. As ausencias van ter que vir con xustificante médico...

    Eso sí, á voda espero non ter baixas (Guda, vaite sacando billete para Marzo XA!!!).

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:39  

  • Ah, se me esquecía.

    Non te botes flores lolailo, que tivo máis culpa que eu soubera tocar Layla a que tí nos presentaras ;-)

    Sen pikes...

    Por Blogger GZ_Oki, ás 23:54  

  • Que conste que eu non dixen que fose ó que máis tivo que ver na historia, pero que algo tiven que ver, iso non ten discusión, ja, ja, ja.
    Ben certo é que Layla foi o desencadeante, ja, ja, ja.

    Unha aperta, grande.



    ¡¡Xa habiamos dito que en Galego non hai tempos..., pero no REVOLT sí!!

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 23:09  

  • Manda huevos...Que nos casamos,que nos casamos...Mucha suerte en esta nueva aventura.Maite sabe que se casa con todo un clan y que OKI tiene que ser compartido?Podrá soportar tantos dias en el Vaga o desaparecerán esas noches de copas bajo el altavoz?En fin,yo propongo que durante la comida se pasen las tres partes del Señor de los Anillos, intercaladas con anuncios del nuevo toyeca.Que el baile se inicie con una de Warcry y que el catering lo monte Alfredo...y que el pincha sea...el hermano de Manuel.
    En fin,echaremos todos un capote para que este bodorrio sea de los mas peculiar.
    Un abrazo parejita.
    El cuñao.

    Por Anonymous Anónimo, ás 15:17  

Publicar un comentario

<< Home