webgz. txalaos do revolt

21.9.05

E parece que foi onte

Hoxe a páxina gz cumpre dous anos.
Fai moito que comenzamos esta andadura pola rede e son moitas cousas as que pasaron dende aquel 21.09.03 e das que nos fixemos eco nesta páxina de liberdade, neste foro de opinións, neste punto de encontro, nunha verba, neste o noso lar.
Despois de 90 novas, 183 fotos ou imaxes subidas e 88 comentarios feitos, podemos decir e dicimos que esta páxina sigue viva.
Este pode ser un resumo destes dous anos:
  • moitas viaxes, a lugares coma Porto do Son, Valdomar, Madrid ou Ortigueira;
  • moitos concertos, Sutagar, G3, 12 cuerdas, Coti, Offspring, Medina Azahara, Día D, Europe, Bryan Adams;
  • varios festivais de música, coma os concertos do milenio, o viñarock, o metro rock, o de Ortigueira;
  • moitos acontecementos, como a despedida de solteiro de tonino ou a emigración do guda as américas;
  • deportes varios, coma os campionatos de futbito ou os maratóns dos aneis;
  • sucesos paranormais, coma o poltergeist no vagalume;
  • debates ou concursos que contaron coa vosa participación (nalgún caso), como o debate do deportista máis importante, a porra dos oscars, os vídeos musicáis, a porra da Fórmula 1;
  • festas varias, como a voda de tonino, a celebración curruta en Canido ou a inaguración da casa do gz_guais;
  • as incomparables redes gz;
  • un cambio de páxina;
  • e ate unha ameaza xudicial de demanda contra a páxina.
Seguiremos loitando e desfrutando por dous anos máis (alo menos).

PD: iremos colgando as novas alonxadas na páxina antigua pra que poidades desfrutar da páxina ó completo.

4 Comentarios:

  • FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!

    Non hai máis que dicir.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 19:58  

  • ¡Enhorabuena! Os acabo de conocer, pero espero leeros por lo menos 2 años más. ;-)

    Por Anonymous Anónimo, ás 20:44  

  • FELCIDADES a tódolos GZs por convertir esta áxina en punto de encontro de todos nos.

    Aproveito a ocasión para reclamar, coma sempre, máis participación.

    Se semella que foi onte, como ben dí Erdian, cando puxemos en marcha esta aventura.

    De novo......FELICIDADES ós premiados!!!

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:35  

  • Máis felicitacións!!!!

    Por Anonymous Anónimo, ás 22:09  

Publicar un comentario

<< Home