webgz. txalaos do revolt

2.8.05

finalizou o tour. Artigo do gz_pastor

Finalizou o Tour, e con el a traxectoria deportiva de L. Amstrong o máis grande ciclista, alo menos nesta carreira. O longo dos últimos 7 anos, o americano conseguiu de forma incuestinable subirse o máis alto do caixón en parís, sen que ningúen o puxera en apretos. Ningún dos equipos, corredores, e finais míticos de etapas, que a maioría da xente tiña, so quedan recordos, hoxe case que ninguén coñece a Basso ou o CSC, nin se o primeiro español e os rivais Ulrich, Beloki, ou últimamente Basso, fixeron flaquear a Amstrong, sinxelamente porque nin o intentaron. Sete anos de total asoballamento no corredor do Us Postal fixeron mella nos siareiros ciclistas, o longo destes anos a audiencia en TVE descendeu de forma alarmante e incluso este ano tódalas etapas foron retrasmitidas pola duas. Do grande coñecemento de clasefecado na edición deste ano, foi Mancebo ou Oscar Pereiro.

Pero que pasou realmente nos últimos anos para este baixon de popularidade no deporte da bicicleta? A primeira razón hai que buscala na actuación dos ciclistas españois, dende hai tres anos, data do accidente de Beloki, ningún español asomou polos primeiros postos do Tour. Moitos nos preguntamos onde están as “grandes figuras” como Heras, Mayo, Nozal, Sevilla, Aitor González…, capaces de disputar a volta a España, pero para encontralos na clasificación do Tour, hai que empezar a buscar a partires do posto 50. O prototipo do ciclista español, un corredor de raza, bo escalador que pese a non contar con posibilidades para a xeral, loitaba en cada etapa de montaña, conseguindo de vez en cando algunha victoria, está en vías de extinción e somentes ramalazos coma os de Pereiro, ou Mancebo fannos lembrar mínimamente ós Escartín, Chozas ou Lejarreta.

O novo ciclismo que representan corredores coma Amstrong, consistente nunha perfecta planificación da carreira, estudando etapa a etapa, entrenando todo o ano exclusivamente para a competición francesa, construíndo un equipo a base de talonario que traballe para o seu obxectivo persoal, e non deixandose ver en ningunha outra competción agás o Tour, non nos convence. Poderán batir tódolos records establecidos, pero o ciclismo é algo máis. Queremos voltar a vibrar no Giro, ver coma os corredores sofren coma cans, subindo o Mortirollo. Poder voltar a seguir na TV as etapas dos dolomitas, o anuncio do compresor, os ataques do amore vita, saber quen gaña a Ruta do Sol, que volva canto antes a Volta a Galicia. Reivindacamos máis equipos españois con proxectos serios e capaces de competir en calquera proba internacional.

Acabemos dunha vez coa tiranía da UCI Protour, voltemos o calendario libre, e deste xeito seguro que retomamos a senda dos grandes mitos ciclistas coma Perico, Indurain, Merckx, Hinault…


E agora que? ¿Quen será o relevo do maillot amarillo? ¿Ivan Basso?, corredor bravo dos de antaño, capaz de disputar nun mesmo ano o Giro e o Tour de forma solvente, ¿Ulrich o eterno aspirante do que se presupoñían grandes logros?, ¿Valverde? o magnifico ciclista que pode devolver o ciclismo español a onde merece, ¿Vinoukurov? o atacante insaciable, Rasmusen?, Terá que voltar Perico?…

En fin que teremos que agardar un ano para obter resposta a moitas nas nosas preguntas pero que seguro faran sen o americano un Tour mellor, ou polo menos máis disputado.

pd: se pensas que o sabes todo sobre ciclismo, baixate estos xogos en excell sobre ciclistas e maillots. xa pediras pistas....

5 Comentarios:

  • Un deporte que vive da lembranza non merece estar entre os grandes deportes. Estar chorando por Indurain, Perico, e o resto dos dinosaurios non é normal.

    Unha cousa sí que é certa. Armstrong será moi bo (non o dubido) pero os rivais deron moita pena durante estes anos.

    A partir do ano que ven o tour ainda terá menos audiencia. Será o tour dos mediocres. Coido que só terán emoción as etapas míticas de montaña. O resultado final será indiferente. ¿A quen lle importa que gañe Basso ou o acabado de Ulrich? A min polo menos non.

    O que é indiscutible é que o ciclismo era moito máis divertido de ver na época dos anteriormente citados, porque ainda que Indurain era un monstruo, as etapas eran moitísimo máis divertidas e emocionantes. O mesmo na época de Perico, Fignon e compaña.

    En resumo. O ciclismo é un deporte en clara baixa de audiencia televisiva pero que non morrerá con aficionados como o pastor e o erdian.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 23:35  

  • un artigo con moita clase amigo pastor. os que disfrutamos co ciclismo sabemos do que falas.
    o comentario do gz_oki deixa moitas cousas pra reflexionar e comentar:
    - "Armstrong será moi bo pero os rivais deron moita pena estes anos"; unha pregunta gz_oki, ¿cantas etapas viches dos últimos 7 tours?, ¿5?¿10?¿15?, ¿parécenche suficientes pra dicir que deron pena os rivais do americano?...
    -"A partir do ano que ven o tour ainda terá menos audiencia. Será o tour dos mediocres"; ¿o tour dos mediocres? manda carallo, chamar mediocre a tipos como ullrich, basso, mancebo, vinokourov, pereiro, valverde... manda carallo chamar mediocres o uns tipos que en 21 días fan máis de 3000 kilómetros en bici... manda carallo...
    -"O que é indiscutible é que o ciclismo era moito máis divertido de ver na época dos anteriormente citados, porque ainda que Indurain era un monstruo, as etapas eran moitísimo máis divertidas e emocionantes"; pois máis ou menos como estes últimos anos, o que pasa que se un español está arriba de todo parece que a cousa mellora.
    -"o mesmo na época de perico, fignon e compaña"; aquí si que estou de acordo contigo, o ciclismo de calidade, na miña forma de ver, era o dos 80, cando había varios corredores aspirantes o título final, e nesos 10 anos 6 corredores diferentes conqueriron o tour. ciclismo en estado puro.

    pd: respeito tódalas opinións, pero neste caso non a comparto; sen pikes gz_oki ;)

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 11:42  

  • ¿cantas etapas viches dos últimos 7 tours?, ¿5?¿10?¿15?, ¿parécenche suficientes pra dicir que deron pena os rivais do americano?...

    Non sei cantas vin, pero seguro que moitas menos que tí. Pero iso non fai que non haxa visto algunhas e que, sobre todo, teña oidos e vista como para oir e ver todo o que se coce ó redor do tour. Ata o pastor dí que os rivais de Amstrong non estaban a altura.....

    manda carallo chamar mediocres o uns tipos que en 21 días fan máis de 3000 kilómetros en bici... manda carallo...

    Pois claro que son mediocres. O dos kilómetros se presupon en ciclismo coido eu. Mediocres dentro do pelotón. E como me digas que Heras, por exemplo, non fixo un Tour mediocre é para botarse a rir....ou a chorar.

    pois máis ou menos como estes últimos anos, o que pasa que se un español está arriba de todo parece que a cousa mellora.

    A miña opinión é contraria. A min dame igual que haxa un español ou que non o haxa. Entón debería parecerme entretido a natación sincronizada e non me gusta nada, a ximnasia rítmica, o fútbol nos mundiais, etc etc. Ese é un argumento de pouco peso.

    ciclismo en estado puro

    Niso tes razón. Droga en estado puro. Antes eran drogadictos sen control ningún. Hoxe o teñen un pouco máis compricado ;-)

    P.D. Sen PIKES sempre. Que somos bos clientes :-)

    Por Blogger GZ_Oki, ás 13:07  

  • Eu non dubidei en ningún momento o grao de sufrimento dos ciclistas. É algo que eu non poño en dúbida. Simplemente digo que comparados con Armstrong son todos uns mediocres.

    A ninguén se lle escapará que hai moitos deportes MOI sufridos e que hai deportista mediocres (sen que iso signifique que son uns merdas e que non se esforzan)

    Agradezo a invitación do pastor para ir ós lagos, pero témome que vou declinala coma él declinou a invitación a seguir ós GZs á orxía de rock en Albacete. Simplemente cada un ten as súas prioridades.

    E que ninguén se moleste por iso :-D

    Por Blogger GZ_Oki, ás 18:15  

  • Moi bonito o do ciclismo sí señor,
    esa armonía entre bici, homes e productos vitamínicos(?). Vida sana ante todo, controles pola mañanciña, controles pola tardiña... Mellorando a calidade das estanterías nas farmacias nunha loita suicida contra a ciencia para ver quen encontra a primeira droga que non se detecte e faga vibrar ós espectadores máis cegados...
    Sería bó repasar o que publicou L'Equipe sobre ese Amstrong que nunca tomou EPO, é curioso darse conta que ó final neste deporte (e quizáis habería que ver noutros) os mitos calquer día veñense abaixo...

    Por Anonymous Anónimo, ás 08:00  

Publicar un comentario

<< Home