webgz. txalaos do revolt

29.6.05

Metrorock 2005



Esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, foi o festival de música "un pouco alternativa" metrorock.

Dividiuse en dous días.

Primeiro día:

Do primeiro día non podo dicir nada xa que non fun, debido a que a maioría dos grupos xa os vira no Viñarock, inda que me quedou pena de non poder ver a zuco103 e a ocean colour scene, dous dos mellores grupos do momento no panorama musical.

Segundo día:

A apertura de portas era ás 15:00 horas, inda que non había moita xente a esas horas. Os grupos en tocar ese día eran: renochild, nacho vegas, atom rhumba, la habitación roja, the sunday drivers, la buena vida, morcheeba e beck, todos eles no escenario metrorock. E the garb, kannon, sugarless-planet, intwine, savia, def con dos, josele santiago e siniestro total no escenario verde.

A chegada o recinto foi sobor das 19:00, en coche cedido po-la marca toyota, que gratuitamente xunto con chóferes ben fornidos levávante ata ó lugar dos concertos. Gracias Toyota. Preto de 4 kilómetros.

O chegares, impactóunos a visión do estadio olímpico da peineta envolto nunha nube de humo, que logo soubemos que fora debido a outro novo atentado.

Primeiro grupo soando, La Habitación Roja, grupo carente dun bó misturador de sons. Oíase pouco, inda que eles facían o que podían.

Despois chegaron os The Sunday Drivers, 20:30, onde levantaron ó público coas cancións máis coñecidas do seu último disco Little Heart Attacks, como On My Mind, e I Ain't Down, así coma Can't You See.

A continuación foi o turno de La Buena Vida, 21:45, momento xusto pra ir buscar unhas cervexas (a 5 euros o litro).

Posteriormente chegou Morcheeba, 23:00, despregando toda a súa xenialidade, facéndonos gozar con cancións coma World Looking In, Can't Stand It, The Sea, Blindfold, e moitas máis.

E finalmente pero non por elo o peor chegou o turno de Beck. 00:50. Eu coma bó galego que se precie, fixen de tripas corazón de non escoitar a Beck no seu único concerto en España, e funme ver e escoitar ó grupo revelación alá po-los anos da movida, Siniestro Total, o frente do cal segue o mítico Julián Hernández. Gran concerto, onde non houbo máis que chamadas á poboación galega pra que acabase o imperio do Partido da Gaivota. E todo isto aderezado con cancións coma Bailaré sobre tu Tumba, El Hombre Medicina, e a inmellorable Miña Terra Galega.

Estas fotos, inda que non son nada boas, espero que bos gusten. Son a proba de que estiven alí. Ademáis da entrada, claro está. Ja, ja, ja.


1 Comentarios:

  • deixa de drogarte josino jejejejee

    Por Blogger GZ_Oki, ás 22:09  

Publicar un comentario

<< Home