webgz. txalaos do revolt

20.7.05

Pereirazo na galia


o gran oscar pereiro convertiuse onte no primeiro gz en conquerir unha etapa na ronda gala. dende aquí a nosa noraboa.

este ciclista mosense non deixa de sorprendernos. o ano pasado xa foi a revelación da carreira francesa (últimamente moi monótona e iankinizada primeiro co usepostal e agora co discovery chanel), conquerindo o décimo posto na clasificación final. este ano amáis de ser o ciclista máis combativo (leva o dorsal en vermello pra demostralo), colleu escapadas en tódalas etapas de montaña tanto de alpes coma de pirineos. e pra rematar, cubriuse de gloria na 16ª etapa finalizada en pau. estamos seguros de que dende hoxe ate o domingo algunha sorpresa máis nos dará.
dende aquí irémolo contando.
¡¡¡¡ánimo gz_pereiro!!!! ere-lo noso campión

1 Comentarios:

  • a base de datos do gz_pastor coma sempre, dando a puntilla.
    with a lot of class

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 15:17  

Publicar un comentario

<< Home