webgz. txalaos do revolt

30.8.05

Novos maratóns

Dous maratóns están flotando no aire: maratón Aneis e maratón Perdidos.

Vai facer xa un ano que saiu á venda a versión extendida de "El Retorno del Rey". Dende aquela os GZs buscaron datas para face-lo derradeiro maratón. As tres extendidas. 12h de hobbits, orcos, magos e demáis criaturas na Terra Media.

Por outra banda, outro maratón achégase ás nosas pantallas: Maratón Perdidos. Despois de finalizar en España a primeira tempada da serie e da amplia aceptación da mesma por parte dos membros do clan e achegados, estamos a preparar un maratón de 16h cos 25 capítulos desta primeira entrega.

A cuestión é: ¿Qué maratón facer primeiro? ¿En qué datas?

Esperamo-las vosas suxerencias.

Namentres deixámosvos tódalas ligazóns ós capítulos na nosa vella amiga a muliña.

4 Comentarios:

  • Como ke "dous novos maratons"? somentes dous???
    Eu coido ke xa se falou nesta paxina do maraton pcfutebol, e do maraton doom. Parece ke o gz_oki non lle mola e xa esta facendo o corte ke el prefire. Eu añado estas duas opcións máis, e ademáis propoño unha nova incrible, pero que pra ke se leve a cabo van ter que ocorrer varias circunstancias á vez: propoño a continuacion da REDE REVOLT que iniciamos o outubro pasado, pra finalizar as probas que nos quedaron (carreira americana con picks, e time trial, se é posíbel, nas customs).
    As circunstancias as que me refiro son: que o guda estea de volta (segundo as últimas novas que temos, parece ser que así será); que coincidamos os cinco gezetas en vigo (eu xa estou) e con cadanseu makiton (eu xa teño o jaiotron); segundo os datos que poseo, o 24 de setembro pode ser unha data probábel. Coido que esta opción que aporto será benbida por tódolos gzs.

    Polo tanto como hai que escoller eu elixo por esta orde:
    · maratón revolt
    · maratón aneis
    · maratón perdidos
    · maratón pcfutebol
    · maratón doom (máis que nada porque so xoguei un par de veces)

    Por datas, poñendo o mes de setembro, os días serían: o 3, 10, 17, 24. Menos o 10 eu podo tódalas demáis.
    Ademáis ofrezo, se non hai cambios de última hora, o meu lar como sede das maratóns.

    PD: ¿non escoitades xa a voz do revolt?

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 18:13  

  • Sin ánimo de entraren en polémica.....se eu fago a nova está claro que porei o que eu considero que ten máis probabilidade de chegar a facerse.

    Eu xa dixen 1000 veces que o pcfutbol abúrreme e o maratón doom non me parece serio porque seria moi aburrido. A diferencia de niveles entre GZs e moi notable :-). E unha rede de revolt paréceme moito menos probable que unha maratón de aneis ou de perdidos.

    Se non, por decir algo.....unha maratón de warcraft, unha de quake e outra de Andy Timmons...... ;-)

    P.D. O que sí que non fai falla e que poñas o comentario dúas veces. Xa te escoito se o pos unha soa.....

    sen pikes que son bos clientes

    Por Blogger GZ_Oki, ás 19:07  

  • Os Pickes (Picks) teñámolos facendo redes e maratóns.
    Eu penso que a idea do GZ_miska é boa, é dicir, facer unha rede de revolt, e entre medias, xogamos ó doom ou ó pcfutbol.
    As miñas datas preferidas son 9, 10 e 11 de setembro, e logo xa o 24, antes imposibel.
    Esperando novas novas, doubos un saudo.
    Anonymous identifícate xa!!!
    Ja, ja, ja.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 22:00  

  • Entón coido que o día para facelo debería se-lo 24, porque o fin de semana do 10 está fodido.

    O 9 eu teño cea coa miña irmá o meu Qñaaaaaaaao, e o 10 é o cumpreanos de Carliños.

    O 24 eu non podo dicir agora se poderei ou non, pero semella claro que sería o díamáis próximo onde se puidera facer.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:15  

Publicar un comentario

<< Home