Facendo as Américas (Parte I)
Como escomenzar esta nova? Isa é unha gran pregunta, xa que hai tanto que contar que creo que vos aburriria con tanta foto e demáis, así que vou escomenzar unha especie de triloxía, cando menos co máis sobresainte da miña andaina americana.
Antes de nada, dicir que na viaxe non estiben só, xa que tiven a compaña do inseparabel para os Gz's, Epito.
A viaxe en avión durou apenas 8 horas, nun Boeing 777 cargado ata os topes. Estibo ben, inda que moito mellor estaría en primeira crase, claro, pero non había pasta para máis. Chegada ó aeroporto Reagan de Washington, e espera do gz_guda, que chegou no seu Toyeca, perdón, Toyota.


Volta po-la cidade e chegada á embaixada gz nas américas.
Despois duns intres relaxados, tomando licor de herbas proporcionado por min mesmo, escomenzou unha serie de chamadas telefónicas invitando ó Gz_guda e ó Gz_lolailo a unha chea de festas de Halloween. Aprimeira á que fomos era na casa dun galego emigrante cunha despensa chea de preto de 200 botellas de viño, todas á nosa disposición. Botei en falla viños españois, pero había algún chileno que estaba bastante ben. De ahí, xa bastante tocados, fomos a outra festa, esta vez, nunha casa dun intaliano, e era necesario disfraz para entrar. Levamos dúas perrucas e fomos alí. A festa foi tremenda, unha chea de xente. Moito italiano, e algún que outro español. Eu non puiden máis co jet lag e durmin nun sofá durante dúas horas. Chegada a casa as 5 da mañá.
Segundo día. Despois de erguernos ás 2 do mediodía, estivemos falando largo e tendido, e despois fomos á cear algo antes de ir a outra festa no sótano dun pub bastante grande. A festa era, como non, de disfraces. Levamos as mesmas pintas que onte, así non había que romperse a cabeza. Tremendas mulleres que había. Os prezos das bebidas 5 dólares (bastante ben para ser América). Logo deste local, que pechou ás 3 da mañá, entramos no local do lado "Cafe Citron". Local latino onde as mulleres subíanse á palestra a bailar ensinando as súas cachas. Tremendo. Chegada á casa ás 6 da mañá, case que amencía ó chegar.


Continuará......
Antes de nada, dicir que na viaxe non estiben só, xa que tiven a compaña do inseparabel para os Gz's, Epito.
A viaxe en avión durou apenas 8 horas, nun Boeing 777 cargado ata os topes. Estibo ben, inda que moito mellor estaría en primeira crase, claro, pero non había pasta para máis. Chegada ó aeroporto Reagan de Washington, e espera do gz_guda, que chegou no seu Toyeca, perdón, Toyota.







Continuará......
1 Comentarios:
Boa reportaxe Lolailo. Por fin unha nova que paga a pena ;-)
Gústame a foto do aeroporto. Esperarei ansioso as fotos das outras partes mentres as fagas igual ca esta.
Noraboa.
Xa me contarás en persoa que tal o pasaches.
Por
GZ_Oki, ás 21:50
Publicar un comentario
<< Home