webgz. txalaos do revolt

20.10.05

Bryan en estado puro

Parece ser que o grande Bryan Adams acaba de sacar disco. Anthology. O normal en artistas de tanta traxectoria, véxase senón MJ. Unha recopilación en dous cedeses de todas as grandes cancións da súa carreira.
Pero o gran motivo de este artigo non é senón comentaros a nova andaina de este canadiense robafletaneiro. Agarradevos os machos, sobor de todo ti, GZ_oki. O señorito adams acaba de sacar o tema de "when you're gone" cantando con.......... PAMELA Flotadores ANDERSON. Sen verbas. Fíns benéficos é o que se rumorea. Excusitas diría eu. Coido que non hai nada máis que dicer. Aquí tedes o enlace directo pra que poidades "desfrutar" de este temazo.
Máis información na páxina de bryan.


a extraña parella


Seguro que o GZ_oki xa o sabía pero non se atrevia a divulgalo. Meu amigo, de todo se acaba enterando un.
A coidarse.
PD: a pregunta é ¿sacará tamén un video con esta peculiar vigilante?

1 Comentarios:

  • Que crack o Bryan!!

    Estiven a oi-la versión e cada un fai o que mellor sabe facer: bryan cantar e pamela xadear. :-)

    Sempre que sexa por unha boa causa estaremos apoiando a Bryan, pero por favor, saca xa un disco de rock!!!!!

    Os teus comentarios ferintes non me gustan nada Erdian. Como eu comece a facer comentarios dun tal MJ isto non vai ter fin...

    Por Blogger GZ_Oki, ás 00:28  

Publicar un comentario

<< Home