Facendo as Américas (Parte II)
Continuación:
Terceiro día. Resacón de campionato e un pouco de compra no Supermarket Giant, xusto o lado da embaixada GZ. Despois, unha voltiña po-la Universidade de Georgetown, onde o inigualabel Ansar está a dar crases maxistrais (ja, ja, ja).
Paseando atopamos unha casiña tipicamente adornada con elementos Halloween (Este tipo sí que se gastou pasta pra adorna-la súa casa).
Cea no restaurante Rock Bottom de Bethesda, no estado de Maryland, onde se sitúa á embaixada GZ, a 5 minutos do estado de Washington D.C. Cea de Hamburguesa especial americana e cervexa propia do local. Un dez.
Cuarto día. O Gz_guda traballa todo o día, así que teño que facer turismo po-la miña conta, sen axuda de naide. Primeira visita ó memorial a Washington. Dende a súa cúspide tense unha visión espectacular de todo o estado de Washington D.C., Maryland e Virginia. Increibel. Ata se ve o Pentágono e todo. Ver pra creer. Visita á sede do Smithsonian, gran tipo que construiu case que todo-los edificios que existen na zoa dos museos (chamada Mall). Posteriormente intentei entrar no Capitolio, pero as entradas para ese día esgotáronse preto das 11 da mañá, así que outra vez será. Logo, visita á Biblioteca do Congreso (impresionante edificio comparabel se cabe á Biblioteca Nacional de España. Alí puiden ver unha das tres Biblias de Guttemberg que existen actualmente no mundo). Pra rematar o tema de museos, visita ó Arquivo Nacional, onde se garda a Constitución dos Estados Unidos, a Declaración de Independencia e a Declaración de Dereitos.

Sobor das 6 da tarde paseiño de comprar po-la zoa de Georgetown, onde están unhas das máis exitosas zoas de mercado da cidade. Volta a casa en Taxi (en inglés americano CAB) por un prezo regateado de 15 dólares máis propina (a propina é case que obrigatoria en todo-los EE.UU.). Cea nun pub irlandés de comida típica americana.
Quinto día. Volto a estar só. Escomenzo o día visitando o cemiterio de Arlington, onde descansan a maioría dos militares mortos en combates en guerras, coma a I e II Guerra Mundial, a Guerra de Korea, Guerra do Vietnam, etc. Tamén está enterrado o soldado descoñecido (¿quén será?), e a tumba dos Kennedy. E por suposto a inigualabel escultura en honra dos soldados mortos na batalla de Iwo Jima.

Despois unha caminata de 40 minutos ata o memorial Lincoln visita obrigada onde se atopa a estatua do presidente Lincoln mirando a cidade que viu construir. Vista da piscina reflectante, e dos memoriales da guerra de Korea e da guerra do Vietnam. Posteriormente visita á Casa Branca (se observades no tellado, pódense ver os francotiradores, preparados pra disparar a alguén se se pon moi burro). Despóis fun testemuña da chegada á Casa Branca do Presidente Bush, que viña dunha conferencia sobor da febre do polo (ata alí chegou a tolemia). Unha ducia de coches e motos escoltaban á uns típicos todoterreos do FBI e unhas limusinas onde que case de seguro ía o Presi. A trifulca que montaron pra pasar un cruce foi de película.
Chegada a embaixada GZ e cea na casa dunha francesa moi guapa e moi interesante. Á cama as 24:00 que o día seguinte tocaba viaxe a Nova Yorke.
Continuará......

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home