webgz. txalaos do revolt

6.4.06

achegamento de gzs

Por todos é sabido o comunicado de alto o lume permanente feito público fai uns días. As negociacións parece que están ó caer e un dos motivos a por enriba da mesa vai ser o achegamento de presos. Pois bem. Os gezetas non imos ser menos. Establecendo un símil e barrendo pra casa, nos imos facer a nosa política de achegamento, inda que só sexa por 10 días. Explícome.
Temos un gezeta preso en iankilandia que o imos achegar durante algo máis dunha semaninha, máis que nada pra que traballe un pouco. GZ_gudabaten poderá desfrutar de permiso carcelario os fíns de semana no vagalume, no flaper's pub, no pepsi-pips, no deda d'ouro e onde lle pete, sempre e cando o teñamos vixiado de preto. Entresemana mandarémolo a Alacante pra que cumpla cos servicios sociais e os traballos forzados asinados. Chegará o día 15 deste mes no que nos atopamos e mandarémolo de volta ó cárcere ianki o 24.
Moitas dúbidas se me presentan agora. ¿Darase un reencontro gezetil non visto dende a despedida do gz_oki? ¿Poderemos rematar a mítica rede gz (eu inda gardo o excell cos tempos)? ¿Por qué Alacante? ¿Terá algo que ver coa chea de currutos e facineriosos que se agochan en marbiella e que se extenden por todo o mediterraneo? ¿Será o guda un asesor urbanístico ou é que o granito tamén se paga en negro? De selo caso, ¿virá o gz perseguido pola interpol? ¿Vai ser zicáis que hai currutos en todas partes? Moita presión me embarga.
Manterémosvos informados do que aconteza, se é que non nos levan presos ó resto de clan.

PD1: guda, eu vou preparando as doses e o botellón na casa do gz_guais (esta vez non martxaras sen catala); ti vai movendo o cú cara o pais dos gezetas.
PD2: gz_oki, se segues querendo a taza que quenta soa, mándalle un correio o guda. Así mesmo, se alguén quere algo de iankilandia que llo faga saber o noso embaixador.

3 Comentarios:

  • Unha boa nova o achegamento do etarr....esto....do gezeta guda. ¿Teremos que repeti-la voda? Eu non volto a vestirme así na miña vida ;-)

    Sobre as cousas que se organizan.....eu en principio apúntome á rede, pero xa sabedes que agora teño compromisos matrimoniais e terei que consultalo, jejejeje.

    O matrimonio é o que ten

    Eu estarei en Vigo a Semana Santa. A seguinte semana tócame quedarme por estas terras.

    ¿Rede en Turquía cun monitor de 26''? :-D

    Vémonos en Vigo

    Por Blogger GZ_Oki, ás 14:17  

  • A ver se é posible que na visita do guda a estado espanhol se lembra das provincias periféricas e fai unha visitiña os exiliados kanarios. Ke putada non coincidires con él. Supoño ke ate finales de maio non iremos pola terriña. Ke tal vai todo por ahí?, como vai o novo matrimio (oki, o kche dixen.. xa o sufriche, non?). Unha aperta a todos e tomádevos unhas cantas a minha saúde no vaga.
    Bicos a tod@s.
    Tonino.

    Por Anonymous Anónimo, ás 18:31  

  • Moitas Gracias Erdian polo "Breaking News updated". Informacion real e transmitida con moitisima crase.
    Pois si, o planeta GZ agardame. Muito Brigado Otegi. Chego o Sabado Satiko (15 Abril). O martes (18) vou pra Alacante e voltarei a terra meiga o venres 21. O luns 24 retornarei o carcere ianki. Polo dagora e o unico que me permiten, inda que estou a facer meritos pra que me solten mais a miudo.
    Respeito da voda, por min podedes repetila, inda que sexa en version reducida (xa sabedes co meu forte non son as versions extendidas, precisan moitas doses...).
    Magoa ca seZion GZ-Kanarinha non lle cadre o achegamento as mesmas datas ca min. Inda hai moito que facer neste asunto. Vai ser co Xarrai non negociou moi bem a cousa co Arnaldo. A ver se pra vindeira.
    Nada mais GZ's, falamos o sabado, que inda tenho que facer unha Txea de Kousas.

    BikoosssSSs

    GZ_669

    Por Anonymous Anónimo, ás 00:18  

Publicar un comentario

<< Home