webgz. txalaos do revolt

14.3.06

Días de voda. Agora con fotiños

Comezaba a notarse que algo gordo ía acontecer o sábado observando o goteo incesante de emigrantes que retornaban a terra patria, dende o xoves ate o mesmo día do feliz acontecemento (forzando ate o último momento). Estes compañeiros retornaban dende provincias tan dispares coma Madrid, Barcelona, Tenerife, Ourense e A Coruña, por terra e por aire. Faltou que o embaixador dos gezetas no imperio do mal cruzase o charco. Botámoste de menos, gz_gudabaten e sabemos que esta nova non se acercará nin de lonxe ós acontecementos acaecidos, pero esperemos que te podas facer unha idea do que sucedeu.
Os emigrados xunto cos que seguimos afincados no berce dos gezetas, fixemos a primeira quedada para matizar detalles na tarde da véspera do enlace. 19:30 foi a hora sinalada, pero como soe pasar, a puntualidade non é o noso forte, e a xente foi aparecendo a contagotas ate as 21:00 (xuises demisión). Tras unha amena charla e incluso unha breve conversa telefónica co embaixador gezeta en becesda, a sección masculina, reuníuse pra afinar e ensaiar un cántico xa clásico entre nós, HOY AMANECIÓ (algún día o colgaremos nesta páxina pra que o poidades “desfrutar”).
Unha hora máis tarde e plenamente convencidos de que íamos facer o ridículo nunha celebración amenizada polos cantos dunha coral, emplazámonos pro día seguinte: “ás 11 na plaza de España, no kiosko vermello”, onde senón. Algún de nós inda quedou matizando máis detalles a noitiña no centro de reunión gezeta, o Vagalume.
O sábado pola mañá a dirección era clara: to the Coruxo City’s church. Alí estabamos. As mulleres coas suas mellores galas e os homes co traxe do choio ou de fín de ano. Na porta da igrexa esperaba sen nervos aparentes o noivo, o gz_oki, engalanado cun traxe negro e un chaleco e garabata amarelos aderezados cunha flor na solapa. As 12 era a hora h. A noiva, fiel a tradición e a pesares de que vivía a menos de 15 metros da igrexa, apareceu 10 minutos tarde.


Preciosa, todo hai que dicilo. Ben guapiña que ía a muller_gz cun traxe blanco roto con falda romántica e airosa acabada en 2 metros de cola, adornado con bordados de frores en tonos verdes e brancos no hombreiro dereito, un suave cinturón verde suave, escote conservador, e aderezado cun velo que cubría máis aló da parte traseira da cabeza (as mulleres que maticen nos comentarios o que queiran sobre isto).
Esta bem oki, ti tamén estabas moi guapo ;).

Trala celebración eucarística e despois do “Eu, gz_oki co poder do anel, acéptote a ti muller_gz….”, chegou o momento de cantar: “Hoy amaneció, ha parado de llover….” Ó final non quedou tan mal e os noivos agradecieron o “detalle”. Despois nosa, a irma do gz_oki deixounos en ridículo deleitándonos cun tema impresionantemente bem cantado.

E chegou o momento do arroz. Quilos e quilos de arroz boaron polas cabezas dos noivos, e tamén pola do cámara da voda que debeu de acabar ate os ovos de nós.

Entre tanto, a nai da curmá do oki, os asiduos á páxina debedes coñecer á curmá porque acompañounos ó festival de ortigueira o pasado ano, botaba en falta a máscota dos gezetas, gz_epito, ou como ela lle chamaba “el muñequito”. Error do que asumo a miña culpa.


Despois de apertas, noraboas, bicos e fotos cos contraintes, a dirección era Redondela Town’s Abadie. Contra as 14:30 xa estaban todos os invitados desfrutando do aperitivo. A lareca facía mella entre os convidados que demos conta do xamón e outras viandas alí presentadas.

Antes de ires ó banquete nupcial chegou o momento fotográfico da tarde. Tódolos convidados posando cos noivos. Desorganización e kaos foi o que máis se escoitou neses momentos, ademáis dunha das frases da boda como “coidado tonito que tapas a gz_lolailo”.










Nós fomos caseque os derradeiros en facela foto e a cara dos noivos era xa un poema. ¡¡Que presión!!

Rematada a sesión fotográfica e cos invitados ubicados nas súas mesas correspondentes,











chegou un dos momentos máis emotivos da tarde. Entrada triunfal e brinde dos noivos baixo as notas do Layla de Eric Clapton. Whit a lot of class.

Aplausos, berros de “Vivan os noivos”, servilletas ó ar e caras de felicidade foi a resposta dos convidados para os novos marido e muller.


E chegou a hora de comer. Entre cigalas, langostinos, percebes, bogabantes, vieiras, rapes e bois trascurriu a enchenta. Chamadas ó movil do noivo, aturuxos entre os gezetas, berros nupciais, bicos da nova parella e amenas conversas, fixeron máis cortas as 3 horas de banquete. Neste momento surxiu outra das frases do día: ¿quén coño é ocaña? (muller_geceeta demisión).


Cando os primeiros síntomas de borratxeira entre algún convidado emerxían chegou outro momento esperado dunha tarde que comezaba a ver algún destello da lúa. Entre berros de “¡¡Aragorn!!” e coa espada narsil, os noivos cortaron a tarta, unha tarte de té impresionante. A chegada dos postres foi o pistoletazo de saída para a entrega das figuriñas dos noivos, e ó mesmo tempo de tódala presión, a outras parellas para a celebración do seu enlace. Os primos do gz_oki, asistentes a Ortigueira como xa comentei antes, e o químico maila procuradora picapleitos foron os agraciados (según se vexa claro). Unha amiga da noiva foi agasallada co ramo nupcial e a presión pudo con ela. Parecía que o miño enteiro estaba a emerxer dos seus ollos. Finalmente, a liga foi para outra parella da que carezo de información. Todos estes momentos protocolarios de agasallos ou de presión, según cada quen, estiveron amenizados por temas como Black Velvet de Alannah Miles, Just a gigolo ou un de Hombres G.
E chegou o despiporre xeral.












Os noivos tiveron a xenial idea de agasallar ós convidados cunha bolsa de cotillón e montouse a de San Quintín. Serpentiñas, gorriños, globos, matasogras, antifaces, silbatos, narices e collares fixeron que pensaramos que o fin de ano se retrasara ou se adiantara. Berros de ¡feliz navidad!, ¡feliz 2006!, ¡feliz falsedad!, ¡i wanna wish you a merry christmas!, coláronse na sala cando a noite estaba a asomar.

Momento vals. As notas do vals da película Doctor Zhivago soaron mentres os noivos demostraban as súas cualidades de bailaríns. Ós poucos, acompañáronlle os padriños e algúns espontáneos máis. De súpeto o camareiro fixo un sinal hacia a nosa mesa (nunca entenderei por qué) indicando que a barra libre estaba aberta. E non rexeitamos a invitación. A partires de ahí, copas e bailes varios extendéronse ate as 10 da noite. Os convidados comezaron a dalo todo, nas copas e nos bailes. Nos bailes destacaron, sobor de todo, o químico e máis un tipo de camisa verde. No aspecto etílico, os valores fixos deron boa conta da barra. As cámaras de fotos empezaban a botar fume e a pedir batería tras un día intenso. Algún zapato daba os seus típicos problemas. A falla de papel evitou algunha dose prohibida polo noivo.




































Unha psicóloga, seguida por unha treintena de convidados, demostrou como se baila o máis que coñecido éxito “Time goes by soy loli”.
E ó final de todo, un vello scout prolongou a festa durante 30 minutos máis, deleitándonos con vellos cantares aprendidos en noites de fogata e acampada.

A partires de aquí volta a capital gz. Entrada triunfal dos recién casados no vagalume con traxe nupcial. Asalto e toma da mesa de pincha. GZ_pastor poseído coma un energúmeno á procura do micrófono do dj. Excursión ate un antro de merda no areal. Chamadas con lag dende a outra beira do atlántico. Despedida dos noivos. Esceas de risoterapia compartindo un bocadillo e unhas patacas fritidas. Olvidos imprudentes de chaves da casa. E derradeira etapa culminando o angliru na compaña do gz_miska e da muller_geceeta.
O día seguinte, de relax coa caixa x.
Os noivos todavía descansan na rivera malla. Boa vida carallo. Cónstanos que voltaron sans e salvos; ela máis morena, él máis camarón :D
Gran día pros gezetas, pros compañeiros e sobor de todo pra nova parella. ¡¡¡¡¡Noraboa GZ’s!!!!!

PD1: Graciñas os fotógrafos "oficiais" da boda por semellante reportaxe gráfico.



















PD2: Deíxovos algunha imaxe curiosa de entre as varias que nos achegaron.











































PD3: Quero lembrar que temos no noso poder un vídeo de dous currutos en plena danza de apareamento. Témolo a vosa disposición a cambio de un correo o noso email solicitándolo.

9 Comentarios:

  • Noraboa ós noivos.
    Un gran 10 para o gz_jaionintzen e a súa nova. Moi ben reflexado o gran día que vivimos apaixonadamente.
    Xa votaba en faia a nova do enlace, pero finalmente chegou.
    Onte estiben co matrimonio (que agora haberá que dicir "o teu marido" ou "a túa muller") na recén inaugurada Terminal 4 do aeroporto de Barajas, xusto na súa volta á Península despois duns días de relax total no México lindo e querido.
    Nunhas cantas horas deunos tempo pra rememorar os máis dispares recordos da voda e da festa posterior. Todo ai que dicilo, tiñan un pouco de amnesia, seguro que debido, entre outras cousas, ós efectos dos Cosmopolitan, Piña Colada e outros bebercios, e ás horas de jet-lag que levaban enriba, je, je.
    O día do enlace foi moi especial para mín, e disfrutei de cada conversa con tódo-los meus amigos. Un orgullo ter a tanta xente boa preto.
    Unha gran aperta a todos e coma sempre, o de sempre
    ¡¡¡VIVAN OS NOIVOS!!!

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 16:42  

  • Hoxe teño o grande honor de "desvirgarme"neste altar chamado "Páxina GZ". Impresionante relato do día da boda que se clava o amigo, nin alcalá nas súas mellores noites. Pouco a pouco estouvos mandando as fotos que fixen da boda,algunhas como veredes non teñen desperdicio, inda que o mellor é "la prueba documental videográfica" dos xuízes-curruptos en plena danza de apareamento. Tratarei de colgalo nesta páxina se me dicides como facélo.
    Eu, o igual que lolailo paxeino de medo na boda. A verdade e que é un luxo que despóis de tantos anos poidamos xuntar a celebrar xuntos un momento tan ledo como o da bodo dos "Señores-Gzs". Espero resposta o meu primeiro discurso neste "sanedrín" de Txalaos. Un bico a tod@s dende áfrica.Tonino-ferrari.

    Por Anonymous Anónimo, ás 21:24  

  • Saudos do casado dende terras Turcas. Xa de novo dándoo todo na empresa do señor Méndez.

    Antes de nada noraboa ó Erdian pola súa nova. Case fai que se nos salten as bágoas a min e á miña muller (jajajajajaja) cando a lemos. Un 10.

    Un 10 tamén para o Lolailo, que non dubidou en facernos compaña na terminal 4 durante unhas cantas horas.

    E por suposto outro 10 para tódolos asistentes ó evento. O pasamos en grande e ese día permanecerá sempre na nosa memoria.

    Tonino, a ver se me mandas a min esas fotos que non me chegou nada.

    A todo o resto, quero tódalas fotos que teñades. Rey, a ver se me pasas todas esas fotos nunha resolución boa. Grábame un CD anda :-)

    Micky rúa: Quero ese vídeo :-)

    De novo gracias a todos por facernos pasar un día inolvidable. En breve (cando teña Internet na casa) porei a nova da nosa viaxe con fotos para poñérvo-los dentes longos :-)

    P.D.: ¿falda romántica e airosa? ¿escote conservador? Que Crack!!!

    Por Blogger GZ_Oki, ás 16:37  

  • Benvida ós recién casados á terriña (dito dende Canarias soa fatal), supoño que pasaríadelo de p.m. na lúa de mel (supoño oki que non sufrirías todavía nas túas carnes o que che dixen que pasarái unha vez casaras).
    Por suposto que mandarei un cd cas fotos en canto teña a dirección do voso "nidito de amor". Vía citaicón xudicial chegará a vosa porta.
    P.D; que saibades que os funcionarios de xutiza canari@s pónomos en folga o próximo día 3 de abril, conto co apoyo do planeta GZ, e non quero cachondeos que xa vos estou escoitando rir.
    Bicos a tod@s.
    Tonino-ferrari
    .

    Por Anonymous Anónimo, ás 17:52  

  • Madre de dios...casado yaaaa!!! y pensar que antes de ayer estabamos viciando en q2dm1... xDDDD. Os deseo que seais muy felices. Un abrazo. 4evaH PelukiS.

    P.D.: Avé si os pasais por mi paginiña oooo!!

    Por Blogger F4Lc0n, ás 21:19  

  • Custar custou pero xa tedes as fotos añadidas a nova.
    Se alguén quere o reportaxe fotográfico enteiro que nolo pida no noso correo. Temos tódalas aportacións de gz_lolailo, do químico e do tonino. Se alguen máis ten fotos ou vídeos que nolo manden o noso correo gezetas@gmail.com
    Graciñas e que vaia bem.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 20:00  

  • Coma ven sendo habitual, moi ben feito gz_jaionintzen.
    Se xa era tremenda a nova do enlace sen as fotos, agora é insuperabel.
    Je, je, je.
    Unha gran aperta a todo-los benqueridos amigos.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 21:12  

  • Por fin quedará grabado para a posteridade neste medio de comunicación masivo o elegante que ía eu. :-P

    O oso Yogui o terá difícil para supera-lo listón. ¿Zecáis irá de pingüino?

    Boa reportaxe fotográfica Erdian.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:15  

  • Agora que chegaron provas graficas, tenho unha idea moito mas exata do que foi o TREMENDO VODORRIO GZ. Espetacular. Magoa que montei o autobus e non fun. Podedes estar seguros de que me arrepinto moitisimo.... Non me reconhezo...!! Nunca pronunciara verbas tan absurdas coma "tenho que traballar", "moita presion no choio".... Ke vergonha!! Estarei abducido por este pais de merda?? Preciso mais DoSeS pra voltar o bo caminho.
    Noraboa o novo matrimonio... Sona a hostia de forte, verdade? Noraboa tamen a Tonino por escomezar a sua andaina na paxina GZ, o Erdian pola sua reportaxe... e a todos por contribuir o Feston que montachedes. Non podo prometer, e non prometo, mais.. farei todo o posibel pra achegarme a outras vodas (GZ's, Qrrutas ou de calquera outro eido)a celebrar no planeta GZ.

    BiKoS dende o Imperio do Mal.

    GZ_669

    Por Anonymous Anónimo, ás 01:41  

Publicar un comentario

<< Home