webgz. txalaos do revolt

13.5.06

O Revolt é o que ten

Por fin, despois de moitos anos de esforzo, fun ó exame práctico de conducir. Os días anteriores preparárao bastante ben coa profesora.......e todo para que unha filla da súa nai por pouco fixera que nos espetáramos contra ela.

Por sorte a examinadora soubo ve-los reflexos dun GZ de pro e cunha rápida sucesión de teclas NM (OP para o resto dos GZs) puiden esquivalo.

A partires dese momento (o incidente foi ó principio), o exame foi un calvario. Unha calada, un aparcamento dos peores que fixen nunca (ata estiven a punto de baixarme do coche....) pero ó final aproboume por ter resolto tan ben o sucedido.

Despois de todo existen examinadores que fan ben o seu traballo....jejejeje

E que despois digan que o Revolt non serve para nada. Vémonos na estrada!!


2 Comentarios:

  • Manda carallo. Pro gz_oki quédalle ben a coletilla de "¿deronche o carnét nunha tómbola ou qué?". Pese o gran pufo acaecido en turkia, alédome gz.
    Máis que nada porque na próxima despedida nada de karts, senón cada quen co seu coche nun circuito pechado nas inmediacións de valdomar, facendo o mesmo recorrido que no rally das rías baixas. With a lot of class. Eu xa estou empezando a tunea-lo toyecabiza.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 23:26  

  • A desgraçia do sistema educativo tamén no carné de conduçir!!!! Con presenta-lo DNI xa tes oito puntos e carné!!!! Incrible!!!!

    Por Anonymous Anónimo, ás 12:20  

Publicar un comentario

<< Home