O Heavy Metal triunfa en Eurovision

Non sei se di moito ó seu favor ou na súa contra, pero a realidade é que Lordi, co seu Hard Rock Hallelujah conseguiu o primeiro posto do festival deste ano.
Nin Blody Marys lamentabelmente servidos, nin alemáns cantando un country, nin unha turka desafinando a sako, nin daneses bailando un twist, nin lituanos prepotentes augurando o seu fallido triunfo, nin rusos axitanados cantando en inglés, nin irlandeses coa súa típica baladiña, nin franchutes pésimos, nin rumanos discotequeros, nin suecos ganadores de antaño, nin macedonios tradicionais, nin letones a capella, nin incluso a ukraina katxonda. Ninguén puido co xeavy metal.


Cunha posta en escena chea de efectos de artificio, chamaradas e artiluxios varios (pagada polos propios fans do grupo trala negativa da televisión finlandesa de costear eses gastos), cunha estética monstreico-terrorifica característica do grupo, unha música do máis puro estilo xeavy metal, e cunha mensaxe de salvación que traerá o hard rock, estes fineses leváronse de rúa o festival e botaron ó traste con todo o visto en tódalas edicións pasadas. Guapísimo.


A súa canción foi votada por tódolos países, exceptuando Mónaco e Albania (without female verbs), e dende aquí, os gezetas aportamos un empuxonciño en forma de chamada timofónica de 87 céntimos. Un auga menos que tomarei no descanso funcionarial.
O papel espanhol, nunha palabra lamentabel. Se vía vir. Unha canción sen senso nin ritmo é o que ten. Somentes Albania (si, a mesma que non votou os fineses, algo extraño, a verdade) e Andorra (algo máis extraño se cabe) deronnos puntos. Propoño un representante gz pra anos venideros. Peor non se pode facer.
Algunha dúbida preséntaseme agora. ¿Voltará TVE a facer outro OT pra rañala algo no festival? ¿Alguén se decatará algunha vez de que Israel non é Europa? ¿Convertirase agora o festival en Xeavyrovision? (se é así gz_oki, o ano que ven imos a finlandia, débesme un concerto,lembra ;) ) E algo máis me ronda dende o sábado ¿Onde estaba Italia, quitarona do vello continente? Este Berlusconi ate fora do poder é un crack.
PD: O que vira o festival decataríase de que Lordi estaba a beber unha pepsi. With a lot of class to the end of the show.
3 Comentarios:
Está claro que os tipos estes saíronse do mapa. Pero seguro que se este ano foran as Supremas de Móstoles, sería tremendo, e daríanlle mil voltas, ja, ja, ja.
Unha aperta a todos.
Por
GZ_Lolailo, ás 21:45
Ke Presion Horribel.... FLIPO.
Estara a tolear a vella Europa? Ula operacao FraKaso? Visval, Bosta-amante (cientificamente chamaselle comprofaxico...)and Company? Dende o imperio do mal isto vese coma unha autentica provocazon. E moi simple, non hai outra ca invadir Finlandia.
Por certo, cal sera a opinion dun Fanatiko-Folkloriko-Eurovisivo coma Dololo respeito do triunfo de Lordi? Poderemos ver un duo de Raphael co Drogas de Barricada? E Rosendo coa Rocio Jurado?
Pra cando o debut do Erdian A-PORREANDO a Bataka? Grande estreo no Vaga?
Doseeeeeee!!!
Por
Anónimo, ás 01:00
Pois o de Rosendo coa Xurado vai ser que non.
Por
GZ_jaionintzen, ás 23:20
Publicar un comentario
<< Home