Ortigueira 2006

Por fin este ano semella que coñeceremos ó gran Españadero e poderemos durmir un pouco máis se pillamos sitio no pinar, lonxe dos pastilleiros de merda.
A representación este ano podería ser máis numerosa que o ano pasado. Repetimos o Erdian, o GZ_Pastor e máis eu. A este selecto grupo únenselle este ano a muller GZ, o GZ_guais, e esperamos que a Perra Miska (estará na súa salsa cos miles de cadelos que por alí pululan). Esperamos contar tamén este ano cos meus primos Ádega e Jose (levaremos kalimotxo dabondo para todos). A última hora semella que os Procuradores tamén poderían facer acto de presencia.
Todo semella indicar que este ano a noite grande será o Domingo pero xa non estaremos alí para contala. A pesar diso, seguro que o pasaremos moi ben disfrutando de boa música e mellor compaña.
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home