Viaxe a Ortigueira. Nova do GZ_pastor
A Nosa viaxe a Ortigueira comezou coa chegada dos Gz´s Erdian e Guais a cidade Turka a iso das 17:30, a conta atrás iniciábase e o gran festival do mundo celta agardaba a chegada dos gzs.
Primeira parada no supermercado Vasco para mercar os víveres necesarios para afrontar un acontecemento desde calibre, a sazón: pasta, salchichas, Ketchup, auga sucia ianqui, e sobor de todo moitos litros de vinho de cartón do máis barato. Tras un minutos de lecer agardando polo gz oki e muller, arracamos no gz_móvil que non toyeca, cara a ría de ortigueria. Viaxe coma sempre aburrido, ¡aki non se pode fumar!, Erdian olvidacheste das doses demisión, Guais non te queimes… en fin unh serie de comentarios máis ou menos acertados que nos axudaron a cubrir a hora de traxecto.
Chegamos a ortigueira e primeiro encontro coas forzas de seguridade do Estado, -se venhen ó festival aparquen por ahí-, que press on, no aparcadoiro, xippies, pixos, e sobor de todo xente acarreando bolsas a maior parte do día, familia, ou carrefour, cheas de tetra bricks de vinho que auguraban tremendas gts. Tras unha breve pero intensa espera do autobús que nos levaría a praia de morouzos, de nada serviu ser filho dun conductor de Vitrasa, chegamos á zona de Acampada, e alí comezou o proceso de montaxe de tendas, grazas ó gz oki esta tarefa so durou uns minutos.
O jaio comezou a face-la pócima, muxindo o motxo con cariño, frente a un sorprendido epito que non perdía detalle. Unha vez enchidas as garrafas marchamos cara a zona de concertos, para ver o espectáculo Galicia e outras músicas, onde a pesares de chegar tarde e non enterarnos demasiado dos grupos que tocaban, poidemos ver a Leilía, La negra e ata o Neng, (Que coño facía alí o tipo iste), de Budiño nin rastro (demisión). Namestras as gaitas e os pandeiros soaban os gz adicábamonos a toca-la garrafa do motxo que antes de concluir a noite xa estaba baleira. Tra-los concertos a festa continuou amenizada polos gaiteiros e bailaríns que se encontraban entre o público, onde sen dúbida destacou o baile do Gz pastor e a muller Gz.
Rematadas as existencias de motxo e Juisqui que esgotaron o guais e a muller-gz, so había que mirar para os seus ollos, voltamos cara a praia de morouzos, case a mesma hora a que Balbino se erguía, 6 e pico da mañán, a gt que lévabamos tódolos gz´s axudou a coller o sono depresa, satisfeitos coa nosa actuación, na que sen dúbidas démolo todo.
O Sábado comezou a iso das 12:00 da mañán e todavía un pouco borratxos, acudimos ó povo para renovar a nosa gt, antes de que se marchara. Nada melhor para iso, que preparar de novo a pócima e acudires a xantar a un dos moitos bares improvisados que abren exclusivamente o fin de semana do festival. Polo, bocadelos, patacas fritidas, e ata un Vermouth foron o noso Almorzo e Xantar, co que collemos forzas para chegar a zona zero de ortigueira, onde poidemos asistir ós ensaios dalgún dos grupos que actuarían esa noite. A Nosa seguinte cita estaba no teatro da beneficienca, no que se emitía “Lume na Palleira” programa mítico da radio Galega para os amantes da música folk, presentado polo gran Emilio Españadero. Bo programa con música en directo dos grupos participantes no Runas e ata un recordo para os compoñentes do grupo folk Felpeiu, recentemente falecidos nun accidente de tráfico (Erdian Respeta).
A tarde pasou entre visitas o escenario Runas e mercadillo dos xippies, voltando ó campamento a iso das 20:00 para preparar a cea.
A iso das 22:00 ceados, mexados e uniformados de Gz´s, partimos de novo cara ó escenario Estrella Galicia para asistir a unha nova xornada de concertos, cun grupo rumano do que non me lembro, o grupo asturiano Llan de Cubel e o seu éxito Cabra Liega, os americans Solas, tremendo son 100% Celta, acompañados dun grupo de bailaríns irlandeses e por último uns pachangueiros Xochilmica, con bombo platillos e gaita, cun son exactamente igual en tódalas cancións, acompañadas de constantes comentarios graciosos por parte do seus compoñenetes, (Como carallo gañaron o ano pasado o Runas). Namentras os Gz, voltamos a deixar ben alto o pabellón dando un autentico repertorio de cancións tradicionais e baile, i e que o ter asistido ás clases da fosil, impregnounos dun bo saber galaico, que foi a envexa dos moitos de asistentes ó festival. Con berros de viva Gayoso, apaga o Candil, que saia Xil Ríos, e Mestra eu que fixen retornamos cara as tendas nas que amenceríamos o Domingo día de retorno á Corunha.
Pd: “Grazas” ós Gz´s asistentes, O Josino por collernos o teléfono o Venres ás 2:00 da mañán, A mulher gz por atura-los nosos improperios; eruptos, ventosidades…(estamos moi avergonzados), O Jaio por ser tan bo cociñeiro (inda que te esquenzeras das doses), O Charlie por non beber Kalimotxo que así tócabamos a máis, O Oki, coma sempre, por animarse a asistir a todo canto evento musical existe, A Epito por ternos acompañado a tantas aventuras e xa van… e A min mesmo, ¡Qué carallo! Por ter a sorte de asistir a un espectáculo de música tradicional, que fai sacar o Balbino que teño dentro sen ningún complexo, (Whit two eggs).
Deixámosvos un enlace eiquí coas mellores instantáneas do momento.
1 Comentarios:
Ke Krase GZ_PaXtoR!!
Tremenda reportaxe chea realismo perfetamente apoiada nos documentos graficos adxuntos. Moita Presion e apoteosika redacion con referencias a persoeiros fundamentais na nosa formacion GZ coma Balbino, Fosil, Ghaioso, Xil Rios e moitos mais.
Moi boa execucion do fator loxistico no que a formacion X-KauT foi un elemento chave pro exito desta nova operacion GZ. Cicais o unico punto escuro foi a DemiSioN co Erdian tivo que presentar o esquecelas DoSeS. E bem claro que ese tipo de mision corresponde o GZ_Guda (ausente), alcumado PoRRiS no mundo do Re-volt, coma bem sabedes. Inda asi, o Erdian estivo moi serio en defensa cando tivo que desenvolvela sua funcion natural na equipa GZ: Provisions alimenticias e boa colleita de Kalimotxo.
Parabems a toda a equipa GZ que fixo posibel o Exitu Tutal desta edicion do festival. Especial mencion pra muller GZ por aturar o mesmo tempo e por dous dias 5 GZs Kargados , incluido o Mestre AlkoliZio GZ_Guais... Ke Xoia tes Oki!
Finalmente dizer que inda temos moito tempo por diante ate a vindeira edicion do festival de Ortigueira, mais o GZ_Guda tentara facer todo o que estea na sua man pra estar presente o 6 de xullo de 2007 as 6 da manhan fumando unha Dose na praia de Morouzos....
Por
Anónimo, ás 21:54
Publicar un comentario
<< Home