webgz. txalaos do revolt

20.10.06

Concertos de Outubro (Ben Harper e Bruce Springsteen)

Dous concertos dous

Este mes de outubro ven sendo un mes con moi bos concertos, po-lo menos na cidade de Madrid. O día 5 foi o momento de "Ben Harper and the Innocent Criminals" no Palacio dos Deportes de Madrid, e o 19 o de "Bruce Springsteen and the Seeger Sessions Band" na Praza de Toros das Ventas. Dous concertos que cadanseu tivo momentos moi espectaculares, e esta é a súa crónica.

Ben Harper

Gracias outra vez, e espero que no sexa a última, ós que me facilitan as entradas para asistir a concertos, e se se pode invitar a algún amigo, pois millos que millor. Desta vez foi agraciado o GZ_guais, quen veu ata Madrid con moitas ganas.

O concerto foi espectacular. Como teloeiros "Ojos de Brujo", os cales non estiveron mal, inda que non había un gran ambiente (a xente esperou ata o comezo de Ben Harper pra entrar no Palacio dos Deportes). "Benito" como foi apodado po-los asistentes escomenzou con forza tocando cancións coma Both Sides Of The Gun ou Burn One Down, continuando con outras célebres coma Diamonds On The Inside e rematando coa mítica With My Own Two Hands / War. Ata eiquí o concerto era moi movidiño.









Os membros da Banda fóronse e cando voltaron pra tocar os bises soamente apareceu "Benito", o cal, en plan totalmente intimista, deleitounos con 4 cancións sentado nunha cadeira tapada cunha mantiña (a máis coñecida foi Well Well Well).Ó final, e pra rematar o espectáculo, a mítica Better Way, no intre no que as luces do Palacio dos Deportes escomenzaron a encenderse.Mítico concerto, do que, pra ser sinceiros, non coñecía case que ningunha canción, pero que me agradou sobradamente.


Bruce Springsteen

Desta vez, tamén asistín gratuitamente, inda que desta vez non foi gracias os contactos que teño no traballo, senon a un amigo que non puido asistir (Graciñas Paquito).

Non teño verbas pra expresar o que vivín e o que sentín no concerto deste mítico e incombustibel Boss. Nada máis dicir que, inda que pra moitas persoas, o seu último disco non vaia moito a pena, pra mín significa un gran disco, do cal, ata o día do concerto, non coñecía nada máis que unha canción.

Inda que o concerto tiña como motivo o último disco We shall overcome, tamén se adicou a versionar antigas cancións, coma Atlantic City, ou a mítica Open all night, do seu álbume Nebraska.

O concerto tivo momentos pra rir, co seu peculiar coñecemento do Castelán, o cal non o fala nada mal. E momentos pra erguerse dos asentos e bailar e batir palmas, coma cando xa no final do concerto, e mentras ía despedindo á súa banda, tocaban a máis que incrible Pay Me My Money Down.
Coma non teño verbas pra relatar o resto, espero que as fotos sexan representativas, inda que a oscuridade non é moi boa compañeira pra que saian ben.

Unha aperta a todos e espérobos en novos concertos.