Porra Oscars 2007
Seguindo co tema do cine iniciado polo benquerido gz_oki, ofrecémosvos a posibilidade de participar na porra dos oscars deste ano.
Sinxelo. Baíxate o arkivo, cubreo cos teus pronósticos e reenvíanolo ó noso correio gezetas@gmail.com.
Cada porra enviada valerá un euro que recaudaremos pra agasallar ó que máis acertos teña. En caso de empate, repartirase entre os gañadores.
Aceptaranse porras enviadas ate o domingo 25 de fevreiro ás 23.59 horas. Media hora despois colgarei un arkivo onde poder comprobar as porras enviadas.
Podes mandar tódalas porras que queras pero lembra que cada porra costarache un euro.
Sorte.
Temos 5 porras recibidas. Velaquí as están.
E agora o resultado.
Noraboa ó gz_pastor. 7 de 10 non está nada mal. Unha bolsa de 4 euros é o teu premio.
Graciñas ós participantes.
2 Comentarios:
Eu xa mandei a miña, a ver como se portan este ano. A miña preferida é Little Miss Sunshine. Quén gañará...?
Unha aperta
Por
GZ_Lolailo, ás 21:11
Poucas porras vin na páxina, somentes a de GZ_pastor, GZ_oki, e máis dúas miñas. Imaxino que tamén o GZ_jaio terá algunha. Que alguén máis se anime, senon vaia premio que imos dar, ja, ja, ja.
Unha aperta
Por
GZ_Lolailo, ás 22:32
Publicar un comentario
<< Home