webgz. txalaos do revolt

10.5.07

Previously on...

Compañeir@s gezetas, adictos tod@s dalgunha que outra serie.
Ante o inminente fin de tempada dalgunha das series seguidas por tod@s vos, propoño dende aquí facer un listado das series con comentarios e información sobre cada unha delas. Cada quen que poña as que vexa que non estean xa comentadas. Eu comezarei coas que contan con varios gezetas como fieis seguidores.

Lost: narra as aventuras e desventuras de un grupo de pasaxeiros do vó 815 de Oceanic Airlines que, tras un accidente, van a parar a unha illa no medio do pacífico.
  • Tempadas: 3
  • Fin de tempada: capítulo 3x22, o 23 de maio
  • Emisión: os mércores en iankilandia
  • Previsións futuras: parece ser que estaremos perdidos 3 tempadas máis de 16 episodios
Heroes: diversas persoas van descubrindo que teñen algún tipo de poder especial. Teletransportación, regeneración, voar, debuxar o futuro, invisibilidade, son algúns destes poderes que axudarán ós seus poseedores a salvalo mundo.
  • Tempadas: 1
  • Fin de tempada: capítulo 1x23, o 21 de maio
  • Emisión: os lúns en iankilandia
  • Previsións futuras: 2ª tempada en outono
Jericho: un pobo queda aillado trala explosión de varias bombas nucleares. Esta serie narra a trama dos seus habitantes para conseguir subsistir.
  • Tempadas: 1
  • Fin de tempada: capítulo 1x22, o 9 de maio
  • Emisión: os mércores en iankilandia
  • Previsións futuras: ???
Dexter: serie de suspense que conta a historia dun asasino en serie.
  • Tempadas: 1
  • Fin de tempada: capítulo 1x12, rematada
  • Emisión: ???
  • Previsións futuras: 2ª tempada de 12 episodios a finais do 2007
House: Historia de Greg House, un doctor ácido e sarcástico que se dedica, xunto ca súa ekipa, a diagnosticar enfermidades.
  • Tempadas: 3
  • Fin de tempada: capítulo 3x24, o 29 de maio
  • Emisión: os martes en iankilandia
  • Previsións futuras: 4ª tempada en outono de 22 episodios
Prison break: Un home é inxustamente condenado a pena de morte, e o seu irmán idea un plan pra sacalo do cárcere e demostrar a súa inocencia
  • Tempadas: 2
  • Fin de tempada: capítulo 2x22, rematada
  • Emisión: ???
  • Previsións: 3ª tempada de 22 episodios, o 29 de agosto

Espero os vosos comentarios doutras series, xa que en breve non terei ningunha pra ver.

PD1: vínculos de interese: mininova, isohunt, lostzilla, subdivx, solosubtitulos, asiateam.
PD2: información recopilada do imdb e de mundoplus
PD3: se rumorea que habera visión do final de heroes e perdidos en culleredo na finde do 25-27 deste mes. eu xa me apuntei :D.

4 Comentarios:

  • Eu estu totalmente enganchado a Lost, Heroes e House.

    Como última adquisición, gracias a Erdian e mailo Xurxo, teño Dexter que a verdade é que está moi ben. Vaia crack o Dexter!

    Prison break non me gustou nada a segunda tempada.

    A miña valoración:

    - Primera tempada de Lost: 10
    - Segunda tempada de Lost: 7
    - Terceira tempada de Lost: 8

    - Primeira tempada de Heroes: 9.5

    - Primeira tempada de Prison Break: 9.5
    - Segunda tempada de Prison break: 3

    - Primeira tempada de House: 8
    - Segunda tempada de House: 8
    - Terceira tempada de House: 8

    - Primeira tempada de Dexter: 8.5 (e subindo)

    P.D. Lost sempre será Lost
    P.D.2 Coido que non vai ser posible a xuntanza en Culleredo. Esa fin de semana temos Comunión en Vigo.....polo que xuntarémonos alí para ve-lo desenlace de Lost!!!!

    Por Blogger GZ_Oki, ás 23:03  

  • Acabo de ler que Héroes é unha soa tempada que remataría a semana que ven.

    O que sí van facer é como historias novas (como en 24 ou Dexter ou similares).

    Teñen previsto sacar unha segunda tempada chamada Heroes Origins e incluso un spin-off (algo así como Joey con Friends) que se chamará Heroes Origins).

    A ver como resulta.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 10:17  

  • Hola a tod@s.

    Coma non eu tamén estou enganchadiño a Lost, Heroes, e xa agardando novas tempadas de Dexter, Jericho e Prison Break.

    De todas formas, ahí van algunhas máis que penso poden ser do voso interese.

    Series de Humor:
    - Little Britain: 3 tempadas máis algún que outro extra.
    Serie de 23 minutos cadanseu capítulo.
    Humor inglés a saco da BBC.

    - Black Books: 3 tempadas.
    Serie de 22 minutos máis ou menos.
    Humor inglés.

    Outras series:
    - Weeds: 3 tempadas.
    Preto dos 42 minutos por capítulo.
    Interesante e relacionada coas doses, je, je.

    - Unha nova incorporación para os que lle gusta Heroes, xa que é dos mesmos que a fixeron. Chámase Painkiller Jane: 1 tempada.
    Polo de agora levan 5 capítulos.

    As valoracións das outras series máis ou menos estou dacordo co GZ_oki.

    Xa me contaredes. Unha aperta.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 00:19  

  • fin de tempada de lost e heroes o sabado en vigo na miña casiña, meu lar.
    o que queira esta invitado á proxección e á posterior tertulia.
    ¿seremos quen de soporta-la presión ate o sábado? que ninguén faga trampas.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 16:58  

Publicar un comentario

<< Home