webgz. txalaos do revolt

13.6.07

Feria da Manzanilla 2007

Coma non, sego co meu interés por coñecer partes do mundo, e desta vez tocou a localidade de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). O amigo común do GZ_guais e máis eu, o Ito, é natural deste lugar e convidoume a pasar por alí e coñecer a Feria da Manzanilla do 8 ó 10 de xuño. Moi grande, pero grande grande.

A viaxe fíxena con outro amigo común, o Valen, e máis a irmá do Ito, e aloxámonos na casa da familia. A feria é tremendamente grande, e todo o mundo vai moi ben vestido para a ocasión, con traxes de faralaes, as mulleres, e camisa e pantalón, os homes.

Coñecín a tódo-los amigos dos irmáns, e a festa durou ata as 7 da mañá tanto o Venres coma o Sábado.

Somentes dicir que a Manzanilla é o mellor deste mundo, sobor de todo se está fría, pero fría fría.

Eiquí vos deixo as fotos da Feria, e amigos varios. Espero vos guste.

Unha aperta a tod@s.

2 Comentarios:

  • ese lolailo
    onde haxa festa, alí está gz_lolailo.
    iankilandia, suecia, dinamarca, letonia, lituania e agora sanlucar.
    en breve teremos que chamarte GZ_mat_el_viajero
    non te cargues tanto, e non sei que pensara o señor areucas do comentario de "a manzanilla é o mellor deste mundo"

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 00:59  

  • Deixa de viaxar co diñeiro dos contribuintes!!!!!!!

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:56  

Publicar un comentario

<< Home