webgz. txalaos do revolt

30.11.07

1º campionato gz de fubolo

Modificado

Boas, compañeiros gezetas.

Xa está en marcha o 1º campionato gz de fubolo.

Pois si. GZ_miska e GZ_jaionintzen despois de moita leria e alguna que outra “penúltima” copa máis, decidiron crear o primeiro torneo “Vagalume” deste deporte que conta con moitos siareiros nas filas dos gezetas.

O campeonato ten previsto levarse a cabo no derradeiro fin de semana (30 de nadal) deste ano que está a rematar.

Se estás interesado en participar, so tes que mandar un correio ó noso email antes do 06 de nadal ou comunicalo, antes desta data, a gz_miska ou gz_jaionintzen. Despois, deberás estar atento a esta páxina.

Cando sepamos o número de participantes, informaremos dende eiquí de todo o que concerne ó campeonato: calendario previsto, parellas realizadas e a súa forma de levalas a cabo, cuota de inscripción, clasificacións finais, premios e ate o regulamento.

Podedesvos anotar por parellas ou individualmente. Pros que se anoten sen parella habera un sorteio que faremos da forma máis equitativa posibel.

Máis nada polo de agora. Irei actualizando a páxina cos participantes que se vaian sumando a esta iniciativa. Ate este intre, estos son os participantes inscritos (1 parella e 5 participantes máis):

  • GZ_miska
  • GZ_jaionintzen
  • GZ_tonino
  • GZ_lolailo
  • AZ_quñao & GZ_sister_AZ
  • GZ_pastor
  • procuratorwoman_GZ
  • mullerqurruta_GZ
  • GZ_químico
  • GZ_qurruto
  • muller_geceeta
  • GZ_oki
pd: parece que so faltan algúns emigrantes entre outros


estamos a preparar este fubolo no caso de seren moitos :D

4 Comentarios:

  • Ordiáááááá! Cousa máis jrande. Eu apúntome encantado ó 1º campionato Gezeta. Pero pídovos que sexa nese futbolo, ja, ja, ja.

    Unha aperta a tod@s.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 19:44  

  • penso que necesitades un bo porteiro, e coma OKI é un paquete pois postúlome para o premio o mellor porteiro do campionato, xa estou a practica-lo escorpión, con crase...
    Por certo espero que ningúen se despiste durante o campionato cos fios que asoman no futbolo de enfrente..... MIIIIIHHHHHHHHHH

    Por Anonymous Anónimo, ás 20:27  

  • pro que non entenda o comentario anterior, o dos fíos vai por cousas coma estas:

    http://www-public.tu-bs.de:8080/~y0023485/4%20gatas%20de%20tanga.jpg

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 18:10  

  • O anónimo este ten un tufillo a banqueiro..... :-)

    Coido que este anónimo é máis doado que saque o premio ó mellor candulleiro do campionato, porque paquete tamén é un rato longo.

    Verémonos as caras na catedral

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:25  

Publicar un comentario

<< Home