webgz. txalaos do revolt

8.4.08

Concerto Mark Knopfler

Tralo éxito do concerto de The Who o ano pasado, este ano debía subir un pouco máis o nivel, e así foi. O día 3 de abril asistín xunto co meu amigo o SA_funda ó concerto do mítico Mark Knopfler. Un dos máis grandes guitarristas do mundo musical.

O concerto era de presentación do seu último disco en solitario "Kill to get Crimson", e as entradas esgotáranse semanas atrás. Pero graciñas ós meus contactos na Comunidade puiden conseguir dúas entradas gratis, coma ven sendo habitual, je, je.

Antes de comenzar o escenario xa era un espectáculo, xa que inda que estaba totalmente oscurecido, só unha cousa estaba chea de luz, a Fender de Mark. O primeiro temazo foi "Cannibals" do seu primeiro disco en solitario "Golden Heart", e seguiu con temas non menos bos, inda que un pouco lentos de máis, para os que queríamos escoitar os temazos da mítica banda "Dire Straits" ("Why aye man" do álbum "The Ragpicker's Dream", "What it is" e "Sailing to Philadelphia" do álbum "Sailing to Philadelphia"). Logo viñeron dous temas do seu último disco. E de seguido chegou o éxtase ó tocar os primeiros acordes de "Romeo and Juliet - Making Movies" (espectacular). A continuación "Sultans of Swing - Dire Straits". Con estes dous temas erguémonos todos das nosas cadeiras pra degustar da boa música.

A continuación catro temas dos álbums en solitario "Marbletown" e "Daddy's gone to Knoxville" de "The Ragpicker's Dream", "Postcards from Paraguay - Sangri-La" y "Speedway at Nazareth - Sailing to Philadelphia", e como colofón "Telegraph Road - Love Over Gold".

Para os vises deixou o temazo "Brothers in arms", e continuaron con "Our Shangri-la" e a mítica "So far away - Brothers in arms". E cando pensábamso que todo remataba, chegou o "Going home - Local Hero". Éxtase total.

Valiu a pena o concerto. Non podo decir máis que foi unha noite mítica.

P.D.: Eiquí as fotos.
P.D.2: Sintoo por algúns que querrían asistir, e non puideron xa que non o sabían. Unha pena. Outra vez será. Diso encárgome eu, je, je.

4 Comentarios:

  • Mítico Marky!!

    O que pasa é que x está moi cascado e en directo cáseque só recita. Unha mágoa.

    Discazo tremendo o "Sailing to Philadelphia". A partir dese...un pouco costa abaixo.

    Por Blogger GZ_Oki, ás 08:17  

  • ke kabron o lolailo.
    a ver se metallica e whitin temptation podémolo desfrutar xuntos.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 11:55  

  • Xa vexo que Lolailo manexa o Kotarro-Qrruto FunZionarial a perfeZion... Kon moita Crase.
    Saudos GZ's!
    A ver se no mes de Agosto podo enviala reportaxe do meu segundo concerto de Rage Against The Machine. Desta volta sera en Chicago, co gaio da visita o Max.

    Por Anonymous Anónimo, ás 19:21  

  • Falando de vellos, ¿Quen se apunta a ver o mítico Dylan en Xuño en Vigo?

    GZ_Pastor

    Por Anonymous Anónimo, ás 19:00  

Publicar un comentario

<< Home