webgz. txalaos do revolt

19.1.08

1º Campionato GZ de fubolo. Torneio Vagalume. Resumo

O pasado 30 de nadal do finado ano 2007 tivo lugar o I Campeonato GZ de Fubolo Torneio Vagalume. Sorpresivamente pros organizadores, contou con un gran número de participantes, cousa que se agradece. Ate 14 persoeiros achegaron a súa intención, e máis 15 euretes, pra participares neste torneio, que visto a súa acollida, pode convertirse nun clásico das festas de nadal. Cambiar o campeonato de fubito do bosco por este campeonato de fubolo gz non é mala cousa.
Ante tanta expectación creada, o primeiro era facer as parellas. As 3 da tarde quedamos nunca comida de irmanamento, e nos postres fixemos o sorteio, puro e limpo separando en dous bombos a porteiros e dianteiros. Coas mans inocentes de gz_eligius e maila súa moza, as parellas foron as que seguen.


So quedaba vestirse pra ocasión coas camisetas feitas pra tamaño acontecemento, e dirixirnos cara ó recinto do campeonato, a sede gz, o Vagalume.
Contra as 7 da tarde, as 7 parellas participantes estaban prestas e dispostas, as moedas no fubolo, o lolailotrón en posición, e primeira demisión. O lolailotrón atora co excell feito pra seguir in situ as variacións no campionato. Tras unha visual do gz_oki, e sen facer grandes alardes do seu coñecemento informático, dixo “format c:”. Qué típico. O problema solventouse coa reinstalación do excell e o campeonato arrancou co semáforo en verde.

A primeira parte era unha liguiña en plan royal rumble que enfrontaría a todo@s contra tod@s. As parellas ían alternando de fubolo á vez que entre partida e partida tocáballe ou ben descansar ou ben arbitrar outro dos enfrontamentos. Os resultados e a clasificación desta fase foi a que segue:




A segunda fase consistíu nunca semifinal cos enfrentamentos direitos entre os catro mellores clasificados da primeira fase. Este foi o resultado


Para rematar, a final xogouse entre os ekipos que gañaron os seus enfrontamentos de semifinais, lóxicamente. Este foi o resultado da final

A clasificación e a táboa dos goleadores quedou como segue



Como veredes a parella 7 composta por gz_oki e gz_químico foi a parella gañadora, recibindo as súas medalla acreditativa de gañador do I Campeonato gz de Fubolo. A parella 1, gz_qurruto e máis az_antonio, foi a parella finalista, recibindo o seu premio como tal. Amáis az_antonio recibiu o trofeio ó máximo goleador con 51 goles, en dura pugna co gz_químico, tamén 51 goles, pero éste último marcou menos goles no enfrontamento final.

Posteriormente celebrouse a ceremonia de premios onde os gañadores, tras escoitar a fanfarria olímpica, recolleron os seus trofeos, e como non ía ser doutra forma, sonou o himno galego no vagalume, sen que esta vez fose o mítico nazi ó que o cantara.

Agora un pequeño resumo do papel desempeñado por cada parella.

- Parella 7 - GZ_oki & GZ_químico
A mellor do campionato. Tralo sorteo de parellas preevíase a parella a batir, como foi así logo. Na liguiña tivo a mellor porcentaxe de partidas gañadas cun 85%. Tivo o menor número de derrotas, 2, e foron contra a parella 3, que lle endosaron a única derrota nos enfrentamentos desta liguiña. Foi a menos goleada: somentes recibiu 28 goles en 13 partidas. Amáis, foi a segunda parella máis goleadora desta liguiña con 48 tantos (3,69 por partida), e non remataron ningunha partida sen traspasar algunha vez a porteria contraria. Sen verbas.
Nas semifinais comezou perdendo cun apretado 4 – 5 coa parella 6, pero acabou impoñéndose finalmente.
Na final conqueriu o trofeo cun fácil 3 – 1 global, pero deuse a casualidade de que, por efecto do cansanzo ou desconcetrazón do seu porteiro gz_oki, remataron unha partida sen marcar un gol.

- Parella 1 - GZ_qurruto & AZ_antonio
A “parella andaluza” foi a sorpresa do campionato. Tras unha liguiña normaliña, sen grandes alardes, chegaron ate a final e conqueriron o premio ó máximo goleador pra az_antonio. Na competición liguera, obtiveron un balance 0 entre partidas gañadas e perdidas. Meteron unha media de 3 goles por partida, pero a súa vez, eran batidos 2,67 veces en cada unha delas. Somentes quedaron sen marcar nunha partida contra a parella 3, cosa da que tomarían revancha nas semifinais.
O seu posto na liguiña foi o 4º, que lle mandaba as semifinais coa temible parella 3. O igual que na outra semifinal, comezou perdendo por un contundente 1 – 5, pero devolveullo deseguido e remataron esta fase cun axustado 5 – 4 que lle deu o pase á gran final dando a gran sorpresa do torneio.
Na final, a pesar de endosar un rosco a parella gañadora, a sorpresa anterior non se repetiu, pero conqueriron o 2º posto honrosamente.

- Parella 3 - GZ_miska & Muller_geceeta
Foi a mellor da liguiña, sen lugar a dúbidas. Non perdeu ningún enfrontamento, e so perdeu 3 das 15 partidas que xogou, casualmente coas outras 3 parellas que accederon a semifinais. Foi a parella máis goleadora con 54, marcou en tódolos seus partidos e endosou un rosco a 4 das 6 parellas restantes. Sen piedade. So lle marcaron 1,86 goles por partida e a súa diferencia de goles foi a maior, 26. Clasificouse pras semifinais con crase no primeiro posto.
Nas semifinais xa foi outra historia. Prometíanseas felices tralo 5 – 1 do seu primeiro partido pero non deron pra máis e claudicaron ante a sorpresa do campionato.

- Parella 6 - GZ_jaionintzen & GZ_lolailo
A parella máis irregular. Unha boa primeira fase pero sen concentrazón nas semifinais. Gañaron un 64% das partidas na primeira fase, pero perderon unha contra a parella farolillo vermello. A 3ª parella máis goleadora con 45 tantos pero encaixaron 2,67 goles por partida, o que indica que algo fallaba no equilibrio entre ataque e defensa. Inda así, marcaron en tódalas partidas. Conqueriron o terceiro posto nesta liguiña e tocoulles enfrontarse á parella a bater, a parella 7.
Nas semifinais, inda que comezaron gañando a primeira partida por un axustado 5 – 4, tiveron que claudicar ante o empuxe da parella que á postre sería campiona.

- Parella 2 - GZ_xarrai & Muller_xarrai
A parella canarinha, de Canarias, fixo unha decente fase de liguiña. Quedou a unha partida de pasar a semifinais. Se gañaran a última partida a parella 1, as semifinais eran súas. Foi unha das parellas que máis partidas xogou nesta fase, 15. Marcaron 36 goles, pero tamén foi a parella máis goleada xunto a parella 5. Ademáis non bateu o porteiro contrario en 2 partidas. Zecais o xet – lag fixo das súas.

- Parella 4 - Muller_gz_az & Muller_procurator
Sen pena nen gloria. Gañaron 3 partidas das 13 que xogaron (un 23%). Xunto coa parella 5, foron os menos goleadores con 28 tantos, e endosáronlle 46 goles. En 2 partidas non marcaron ningún gol, pero eludiron o derradeiro posto grazas a súa victoria fronte a parella 5.

- Parella 5 - GZ_pastor & Muller_qurruta
A demisión do campeonato. Nesta ocasión comprobouse que cando se xuntan o poder económico e o poder xudicial, non é pra facer algo bo. “Desta xuntanza non pode sair nada bo”, xa o presentía o gz_pastor cando quería impugnar o sorteio de parellas. Os números cantan. Perderon 12 das 14 partidas que xogaron. Foi a parella menos goleadora con 28 tantos, e a máis goleada con 53, o que da unha diferencia de goles negativa de 25, e en 2 partidas non conqueriron ningún gol. Pero non vou afondar máis na ferida. Outra vez será.


Non queda máis que dala noraboa os gañadores e agradecer a participación a tod@s, participantes e máis espectadores, e emprazarvos pro seguinte torneio do que teredes cumplida información nesta páxina. Non sabemos cando será e sobre que versará (xa se escoitaron comentarios de torneios de parchís, mus, tute, dardos, billar... e ate vagaolimpiadas); todo depende das vosas opinións e do voso parecer. Estamos á vosa disposición. Vos propoñedes, e os gzs organizamos.

Este torneio foi organizado conxuntamente entre gz_jaonintzen e gz_miska, e temos que agradecer ós que nos prestaron ó terreo de xogo, Alfredo e Manuel con crase, e máis a gz_lolailo polo seu lolailotrón, con demisión ou sen ela fixo máis doado o seguimento e control do campionato.

A coidarse. Ate a próxima.

2 Comentarios:

  • Bo Traballo Erdian e Miska!! Xa vexo que podedes montar unha empresa de lecer a marxe da vida de pseudo-funcionario (tamen moi vencellada o conceito de lecer). Parabems os ganhadores e a ver se me podo achegar pra vindeira edicion. O tema das GZ_olimpiadas sona moi bem, e incruso se poden facelas ciberneticas (vicioTrons) e mailas "fisicas" ou coma queiras chamalo, facer provas coma GZ_Dekathon, pentaton, etc...
    Apertas dende Nova Iorke!!!

    Por Anonymous Anónimo, ás 23:42  

  • Antes de nadiña, dar a miña máis sinceira gratitude ós GZ's Miska e Erdian. Sen eles non disfrutaríamos dunha velada tan alegre.
    Eu paseimo moi ben, e estou dacordo co GZ_Erdian que non tivemos unha moi clara compenetración entre a dianteira e a defensa. Pero iso pódese solventar viciando máis, ja, ja, ja. Polo demáis, boa ideia das GZ_Olimpiadas. Eu apúntome, inda que haberá que ver qué deportes facer. Xa se falará.
    Unha aperta dende os Madriles.

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 20:13  

Publicar un comentario

<< Home