ocho del ocho del ocho... e que viva o motxo 08/08/08
O que suscribe vai celebrar esta singular data as oito da tarde cun motxo bem muxido e bem frequiño.
¡Que gran manxar pros máis exquisitos paladares e pros fígados máis preparados!
O motxo non deixa de ser unha bebida sinxela de preparar pero con algún condicionante que non se debe deixar pasar por alto:
- a cocacola ten que ser cocacola de 2 litros, nin dolicola nin cola jumbo, nin incluso pepsi-cola (volo dí un fanático desta bebida con larios, sei o que me digo)
- o viño tinto de cartón sempre, e que non supere 1 euro de valor no mercado (por debaixo de 30 céntimos o litro tampouco sería moi recomendabel).
- o modo de facelo debe ser sempre valeirando un litro de cocacola da botella e recheandoa acto seguido do noso viño de cartón dun litro (pode haber excepcións e sempre se pode rechear nunha botella de 5 litros de auga pros máis necesitados). Despois so queda darlle unhas voltas a botella bem pechada e refrescala na neveira, nunca con xeos.
O aroma do motxo lembrame a noites de castrelos, ortigueiras e anglirus. Sesións de música e deporte que sempre acompaño con este delicioso líquido.
Un aviso ós non iniciados, ¡¡coidado co resacón!!.
O pastor e máis eu inda estamos a decidir cal dos seguintes envases imos levar a nosa nova visita ó angliru en setembro.
Un aviso ós non iniciados, ¡¡coidado co resacón!!.
O pastor e máis eu inda estamos a decidir cal dos seguintes envases imos levar a nosa nova visita ó angliru en setembro.

ESE MOTXO QUE RULE!!!!!!!!!
2 Comentarios:
Excelente artigo Erdian.
Coido que hai un par de comentarios que non podo deixar de facer.
En Ortigueira fixemos unha variación no contenedor final do Motxo e que non desmereceu en absoluto o resultado final. Máis ben o engrandeceu. O Motxo en garrafas é un clásico dende entón.
Lembrar, igualmente, os tres días de Motxo contínuo no mítico Viñarock. Que ben que entra cando fai calor.....
Por último, confirmar o que dí o Erdian. Coidado os non iniciados e se non que lle pregunten a GZ_Pastor polo meu primo, que agarrou a páxara na subida ó porto de Ortigueira tentando levar o ritmo dos grandes.
Que grande o Motxo!!!
Por
GZ_Oki, ás 11:31
claramente verdadeiro. hai k dicir que eu tamen sigo a tradicion e tamen exporto o kali os confins madrileños dos pantanos. coa neveriña e os xeos. na gloria.
O mais importante e misturar ben coas proporcions correctas.
unha aperta a todos
Por
GZ_Lolailo, ás 20:46
Publicar un comentario
<< Home