webgz. txalaos do revolt

3.10.08

As 3 mellores cancións da historia da música

Retomo ó contacto co blog despois de moito tempo alonxado del para facer unha recopilación das 3 mellores cancións da historia da música. Invítovos a que poñades nos comentarios as que, para vos, son as 3 imprescindibles. As miñas son:

1. Layla. Derek and the Dominos

Impresionante e desgarradora canción que escribiu o bo de Clapton cando estaba namorado da muller de George Harrison.




2. Bohemian Rhapsody. Queen
Quizáis a canción máis rompedora de Queen e que supuxo o comezo da historia dun dos grupos máis grandes de tódolos tempos.





3.
A terceira é maís complicada. Así como as dúas anteriores non teño dúbida, nesta terceira seguramente diría unha canción diferente cada vez. Agora que me poño a pensar vou dicir......Wish you were here. Pink Floyd

5 Comentarios:

  • Boas GZ's, en particular ó GZ_oki que reaparece por estes lares.

    Coma non eiquí as miñas propostas como mellores cancións da historia da música:

    1. Roxanne. The Police
    Meu irmán tiña o LP do grupo e escoitábala case sempre na miña xuventude

    http://www.youtube.com/watch?v=ol4QB2Ye-D0

    2. Born in the USA. Bruce Springsteen
    Zecais á primeira para o GZ_pastor, inda que bastante yanki.

    http://www.youtube.com/watch?v=sRfEqqsk_To

    3. Walk of life. Dire Straits
    Míííííííííítica

    http://www.youtube.com/watch?v=HrjBddCTCmk

    Apertas a todos

    Por Blogger GZ_Lolailo, ás 00:45  

  • Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 03:39  

  • As 3 mellores cancións da historia da música. Un tema tan amplo require unha resposta bem pensada.

    Antes de nada direi que unha resposta que precisa de subxetividade estará sempre suxeita a debate posterior, tanto interno coma externo.

    Unha pregunta simple que require unha resposta complexa porque, ¿cómo podemos seleccionar un podio de temas entre un abanico de posibilidades tan amplo que abarca dende A cabalgata das valkirias de Wagner ata o Would you love a monsterman? de Lordi, pasando por Goodnight moon de Shivaree, Rumbo a las estrellas de Tierra santa, If looks could kill de Heart, Inevitable de Shakira, In the army de Status quo, Flojos de pantalón de Rosendo, Pretending de Him, Cien gaviotas de Duncan dhu, Live is life de Opus, Dulce Castigo de Los Suaves, Jump de Van Halen ou Voodoo chile de Jimi Hendrix, entre outros temas? ¿Quedámonos coa letra, a melodía, a instrumentación, a música…?

    Nunca clasificación coma esta nunca aparecerían temazos coma o Allegro non molto do Invierno de Vivaldi, Entre dos aguas de Paco de Lucía, ou o Respect de Aretha Franklin; nin tan sequera asomarían o fuciño o You´re the one de Dwight Yoakam, o Like a virgin de Madonna, o Rock this town de Stray cats, o Future World de Helloween ou o Angels de Within Temptation; non se sinalaría o Just can´t get enough de Depeche mode, o Anarchy de Sex Pistols, o Blame it on the boogie de Jacksonsou o Still got the blues de Gary Moore; nin tan sequera lembraríanse os primeiros asubios gaiteiros da Muiñeira de Chantada. Por defecto, tendemos a pensar case únicamente en música rock, deixando de lado a música clásica, flamenco, soul, country, pop, rocker, heavy, gótica, electrónica, punk, disco, blues, folk… Craso erro, no que probablemente eu mesmo caia, pero o gusto é libre.

    A música é, como bem diría Pumares, como as letras, universales. E tal reflexo do universo adoptámolo segundo o noso estado de ánimo, dándolle a cada tema percibido un sentimento único de cadaquen, dependendo de múltiples factores externos: onde, cando, cómo, porqué…

    Ademáis, inda que escoitaras moitas cancións, como bem diría Tojeiro, "muchas más había" e inda queda moita música por soar.

    En cada momento diferente da nosa vida poderiamos facer unha clasificación deste tipo e moi pouco ou nada tería que ver con outra:
    ·nun día pesimista, Go your own way de Fleetwood Mac, Rearview mirror de Pearl Jam ou Deshacer el mundo de Héroes del Silencio serían as escollidas pra levanta-la moral
    ·nun día de euforia, Cum´on feel the noise de Quiet riot, Jotake de Sutagar ou Wasted Years de Iron Maiden engadirían adrenalina a dita euforia
    ·nun día tonto, I don´t wanna miss a thing de Aerosmith, You´re still the one de Shania Twain ou o Canon de Pachelberg sumérxeriannme máis nesa tontería
    ·nun día de xoldra, I will survive de Gloria Gaynor, Tubthumping de Chumbawamba ou Marta, Sebas, Guille y los demás de Amaral farían crecer a exaltación pola amizade
    ·nun día de concerto, The final countdown de Europe, Run to you de Bryan Adams e Vicio de Reincidentes conseguirían que chimpara máis da conta
    ·...

    Tódolos temas que aquí expoño, son temazos ó meu modo de escoitar. Ademáis respeito e, nalgún caso, comparto as opinións versadas anteriormente, inda que no caso de gz_lolailo, elixiría outro tema de Police, Bruce Springsteen e Dire Straits (So lonely, Born to run e Sultans of Swing respeitivamente).

    Despois de todo isto, e para non ser moi pesado, eu quedaríame con tres cancións e tres situacións, en orde inverso de preferencia:
    ·escoitar o Layla de Eric Clapton pra deleitarme cos seus maravillosos arpexios guitarreiros
    ·bailar o Billie Jean de Michael Jackson pra deixar que os pes dancen sos
    ·e vivir en direito o No más lágrimas de Heroes del Silencio pra tolear cun sentimento inesquecible tres veces percibido.

    E non teño nada máis que dicer…
    …polo de agora.

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 03:55  

  • Coma ben di o Jaio, cancións e temas bos hai moitos, máis se teño que decantarme por tres, esta seria a minha eleición::

    1- Hoy amaneció: Clásico salesian por excelencia, que non pode faltar en ningua celebración de AA.AA. Dende os primeiros acordes da guitarra, ate o solo final a capella, a emoción está presente. Magnifica a interpretación a dúas voces ó redor dunha fogata en Parado do Sil, O casi-orgásmico son conseguido por unha representación Gz, camiño de planta baixa, nun teatro natural de inmellorable acústica e por último a sublime posta en escea na voda de Tonino.
    2- Outro clásico, E marista o que non vote. Momento de auxe salesian e antimarista, interpretado de manera conxunta e con tódalas forzas posibles dempois dunha boa enchenta de alcohol a ser posible diante do gz_miska ou calquer outro antiguo estudiante do champachán, as suas facianas son indescriptibles.
    3- O último máis non menos importante, e tamen presente en toda celebración que se precie: BSO dunha serie que nos marcou a todos Al Salir de Clase, Se Acaba el tiempo de los pasos perdidos - Os Silvanos demostran ser un grupo de culto, cunha letra brillante e un concepto musical que rozan a perfección. A Cantante Silvia nunca estivo tan ben, nin tan siquera cando aparaceu na portada de Interviú.

    Seguro que podería engadir outras como O Eran san san, Soy capitán d un Barco Inglés, a magnifica ópera Rock, Da Vd. Permiso Sr. Maestro. etc. Pero que opinen o resto de Gz´s...

    Por Anonymous Anónimo, ás 22:56  

  • Pra ilustrar o comentario anterior do gz_pastor, quero deixarvos este documento inenarrable

    silvanos en direito"

    Por Blogger GZ_jaionintzen, ás 01:05  

Publicar un comentario

<< Home