Viaxe ó Angliru. Nunca é tarde...
Expóñovos eiquí a nova que me achegou o gz_pastor pra expoñela nesta páxina. Eu acompañareina cunhas fotos e un video do momento.
A Chegada dos Gz´s Jaio e Xarrai á cidade herculina, marcaba a hora h de partida cara o asalto a montaña máxica. A nosa aventura comezaba exactamente as 17:30 do venres 05 de septembro, o noso destino, o inferno, a exaltación sublime dun deporte reservado para os héroes. Comprobamos por última vez as nosas equipaxes; víveres, bebidas isotónicas, material de campismo,… todo correcto. O camiño estaba iniciado e pronto comezamos a notar a dureza desta viaxe. O sopor dos primeiros kilómetros apoderouse de nos, e certo malestar invadiu o noso ánimo, provocado pola descordinación do equipo de orientación, que descoidou a sua tarefa de comprobación das rutas, o que case da o traste coa viaxe. Grazas a axuda do Lolailo dende a Base, e o magnifico sentido de orientación do Pastor, poidemos atopa-la senda correcta que nos conducíu directamente ata o campamento base.
O noso primeiro contacto coas faldas do Angliru non foi fácil, as forzas de seguridade do estado impedían o acceso a calquera medio de locomoción, ata a zona do campamento 3, o que complicaba tremendamente a nosa misión, obligándonos a afronta-la ascensión dende a base. Tras uns momentos de angustia e indecisión, afrontamos acometa-la subida esa mesma noite, escollendo entre o noso equipaxe o imprescindible para poder rubir lixeiros.
A subida constante pero lenta, debido a falta de aclimatización do Sherpa Canario, non se fixo tan dura como agardábamos e a iso da media noite coroamos por fin, a cima do Angliru. O cansancio facía mella, máis a sensación de ser partes de algo grande, superaba con creces a nosa angustia. As dificultades para respiran pronto se fixeron evidentes debido a altitude, polo que o Jaio preparou as bombonas de oxixeno, coa cantidade xusta de viño e cola, que nos axudou a aclimatarnos rápidamente as novas condicións atmosféricas.
Despois da montaxe das tendas e algo máis recuperados grazas os productos “dopantes”, acudímos ata a verbena, onde varias tribus de astures, moros andalusíes e galaicos, danzaban extasiados, nalgús casos con evidentes síntomas de embriagamento. O fin do día chegaba, máis ao lonxe xa se escoitaban os claríns que anunciaban a chegada da senda ciclista, A Sorte estaba botada.
Sábado 06 de Septembro
Erguimonos rápido, pola fresca como mandan os vellos, e tomamos un almorzo sustancioso, para coller forzas de cara o novo día. A presenza nos arredores de tribus Vascuences, incomodábamos, polo que nos mantivemos en todo momento a garda, de cara a repelir calquer posible ataque deste pobo, caracterizado pola sua violencia. A eso das 11:00 reiniciamos a nosa subida ata un lugar que nos permitira disfrutar o máximo do paso da gran caravana ciclista. O Sitio elexido foi a Cueña de les Cabanes, rampas de máis do 20% aseguraban que o espectáculo sería inigualable, e así foi…
Do resultado non fai falta dicir nada, a etapa gañouna Contador, o que lle supoxo o maillot Ouro que non perdería ata Madrid, convertíndose no quinto corredor en lograr as tres grandes tras, Gimondi, Anquetil, Hinault e o mítico Merckx.
O esforzo do que fan gala estes “gladiadores” é indescriptible, volver a repetir a grandeza deste deporte, a pasta da que están feitoss os corredores, é superfluo. A nosa xornada no Anglirú volveu demostrar unha vez máis o que xa coñecíamos sobradamente os verdadeiros afeicionados a este DEPORTE, (non eses merdas que se apuntaron o carro durante os cinco anos de Indurain, e que agora crítican abertamente cada escándolo de dopaxe dende o salón da sua casa ou diante dunha pantalla de PC.). Que esto non é simplemente unha carreira ciclista, que etapas coma a do Angliru capaz de congregar nas carreteras a máis de 30.000 persoas, é máis que un espectaculo, é historia, unha páxina de heroicidade que non se pode exportar ou copiar a ningún outro deporte e da que tres GZ´s fomos por 2ª vez testigos presenciais.
visita ó inferno
Saúdos Cordiales….
PD: o gz_pastor agarda os vosos comentarios

O Gran Ares anunciaba a presencia inmediata dos grandes gladiadores: A Visión cuasi orgásmica dos primeiros membros do pelotón foi inenarrable, comandados por ese monstruo chamado Contador, foron sucedéndose a contagotas os demáis membros da “grand Boucle”, Valverde, “Purito” Rodríguez, Leipheimer, O gran Carlos Sastre, O Gz. Ezequiel, O duas veces gañador do Campionato do Mundo, Bettini e así ata o último…

21%, case nada
Do resultado non fai falta dicir nada, a etapa gañouna Contador, o que lle supoxo o maillot Ouro que non perdería ata Madrid, convertíndose no quinto corredor en lograr as tres grandes tras, Gimondi, Anquetil, Hinault e o mítico Merckx.
O esforzo do que fan gala estes “gladiadores” é indescriptible, volver a repetir a grandeza deste deporte, a pasta da que están feitoss os corredores, é superfluo. A nosa xornada no Anglirú volveu demostrar unha vez máis o que xa coñecíamos sobradamente os verdadeiros afeicionados a este DEPORTE, (non eses merdas que se apuntaron o carro durante os cinco anos de Indurain, e que agora crítican abertamente cada escándolo de dopaxe dende o salón da sua casa ou diante dunha pantalla de PC.). Que esto non é simplemente unha carreira ciclista, que etapas coma a do Angliru capaz de congregar nas carreteras a máis de 30.000 persoas, é máis que un espectaculo, é historia, unha páxina de heroicidade que non se pode exportar ou copiar a ningún outro deporte e da que tres GZ´s fomos por 2ª vez testigos presenciais.
visita ó inferno
PD: o gz_pastor agarda os vosos comentarios
6 Comentarios:
Realmente grandioso. Teño que dicir que lin a reportaxe con certa envidia de non ter estado aí. a ver se para o ano que ven.
Por
GZ_Miska, ás 19:58
Unha aperta ós tres GZ's que fixeron posibel esta reportaxe. Menos mal que existe ó Google maps e a Guía Campsa, je, je.
Moi boa reportaxe. Mira que almorzar un bo motxo, ja, ja.
Ata a próxima volta.
Por
GZ_Lolailo, ás 19:40
Impresionante documento. Coido que esas son unicas as verbas que poderian definir esta reportaxe.
Grande peza da crezon e experiencia GeZeteira.
DoSe!!
PD: Achegase a Rede... Guda metendo PRESION!!
Por
Anónimo, ás 06:57
Todo neste artigo está moi ben (con "celeridade" grandes grupos de comunicación xa nos amosaron como esconder a verdade)despois de que o propio redactor confese abertamente recuperar as forzas da montaxe das tendas mediante productos “dopantes” prguntome ¿qué se pode esperar de algo que aínda se atreven a chamar deporte?. Non se sabe onde empezan os "deportistas" e onde os HOMES. Estou dacordo en que non é únicamente problema dos ciclistas pero que xa non ten podes fiar nin de PERICO (vaia curioso apodo o deste home),
Por
Anónimo, ás 15:20
E moi fácil criticar os ciclistas, o escándalo está servido, drogadictos, dopaos... Calquer insulto é bo, sen embargo ninguén se lembra da dopaxe de Guardiola, hoxe tan en boga, nin de gurpegui, ou Aguirretxu, pobriños... xustificámonos constantemente en que están mal asesorados ou en que xa pagaron a sua pena. Sen embargo para os ciclistas non hai compaixón, e se algún gaña con claridade é que vai ata as cellas. En fin que o mellor vai ser acabar co ciclismo e centrarnos en deportes tan limpos coma O Tenis, O piragüismo ou porque non o Pressing Catch, onde o proprio Hulk Hogan, recomenda non tomar as pastillas sen a supervisión do encargado de Ximnasio.
Pero non, viva o ciclismo, siareiros como min nunca o deixaremos morrer.
Gz_Pastor. ¡Fan de Perico!
Por
Anónimo, ás 14:45
Totalmente dacordo co teu comentario final. Non se trata dun problema soamente do ciclismo, é do deporte en xeral. Non se pode crer en ningún deles. Tódalas suas supostas xestas están en dúbida para min. Tenistas, futbolistas, ciclistas e xa non toquemos a NBA...
Por
Anónimo, ás 13:47
Publicar un comentario
<< Home