webgz. txalaos do revolt

12.2.09

Exposición Star Wars


Pois seguindo coas tradicionáis invitacións obtidas (non vou decir gracias a quén, que logo os espías saben todo) puiden achegarme a ver, desta vez, non un concerto, senon a exposición máis friki xamáis visitada por este GZ. STAR WARS. 10 eurazos pagaron a maioría por vela, inda que pareceume o final da visita un pouco caro para como estaba aquelo.

Consta dunha amplia selección de obxetos, todos orixináis, utilizados nas películas da saga. Chegamos e introducímonos na Nave, a partir da cal, distribúense nove habitacións que recrean nove planetas importantes da Galaxia: Geonosis, Tatooine, Kashyyyk/Utapau, Coruscant/Kamino, Hoth, Mustafar, Naboo, Endor e finalmente, a Estrela da Morte.

O lugar estaba a rebentar de xente, e impediume observar pausadamente algunha que outra cousa, pero o peor foron os rapaces, que non respetaban nada, e metíanse no medio de tódalas fotos, unha magoa, pero inda así estivo interesante.

Non vin ningún friki vestido para a ocasión, pero atopeime con algún soldado imperial que non quiso facerse unha foto conmigo. Igual non lle parecín o suficiente friki, je, je, je. Do mellorciño a Vaina de Anakin, a espada laser de Darth Maul, a moto utilizada nos bosques do planeta dos Ewoks, a recreación da xente nas gradas na carreira de vainas, etc, etc. O Mellor, Chewbacca, C-3PO e R2-D2, e os traxes da Princesa Amidala. (Todo orixinais da saga).

Eiquí déixovos as fotos que falan por sí soas.

Unha aperta e ata pronto. Dende Madrid que a forza vos acompañe. Vótasevos de menos.