webgz. txalaos do revolt

3.12.09

Concerto Marilyn Manson


Mois boas, estou a piques de acudir ó concerto máis estrano ó que asistirei endexamáis na miña vida. En canto teña documentos gráficos, fareivos partícipes deles.

Apertas

Pois así foi a cousa. Concerto interesante. Non cheguei a ver a tanta xente rara como esperaba, pero estivo ben. Cancións míticas como Sweet Dreams, onde se notou a calor da xente, e Rock'n`roll Nigger.
As cancións do último disco deixan moito que desexar. Non son precisamente para tocar nun concerto.
O són foi correcto, pero o tal Marilyn estivo desganado, sen moita forza, e iso notouse en que o público non vibraba coas cancións. Ademáis, o técnico de luces estivo case que todo o concerto deixándonos cegos cos focos enormes enriba do escenario.

Ó final podo decir que fun a un concerto de Marilyn Manson, e pouco máis. Un tachado máis na gran lista de xente á que ver.

Eiquí vos deixo a reportaxe gráfica.

Saudos a tod@s