webgz. txalaos do revolt

23.6.09

Día de la Música


Boas a tódolos/as gezetas que xa levan un tempiño sen dar sináis de vida.
Este domingo pasado foi o 21J, o día da música, e a marca de cervexas Heineken elixiu Madrid entre outras cidades do noso país para a celebración deste día. O lugar foi o Matadero, un complexo de naves industriais antigas (de ladrillo e argamasa) remodeladas como lugar para a cultura.

Alí cheguei eu ás 11 da mañá, xa que o primeiro concerto era ó mediodía.

Entre outros tocaron Vetusta Morla, Catpeople, Josele Santiago, Le Mot, Nudozurdo, Rusian Red e The Sunday Drivers.

Eu somentes durei tres horas, pero déume tempo a ver a Vetusta Morla, Catpeople, Josele Santiago e algúns máis. Os concertos non duraban moito, e inda que había 3 escenarios, somentes dous estaban habilitados durante todo o día.

Velaiquí dous vídeos, que inda que o són non é moi bó, debido o meu teléfono móvil, está bastante ben para ver a calidade dos grupos.

Unha aperta a todos.

P.D.: escribide algo........