webgz. txalaos do revolt

22.5.06

O Heavy Metal triunfa en Eurovision


Non sei se di moito ó seu favor ou na súa contra, pero a realidade é que Lordi, co seu Hard Rock Hallelujah conseguiu o primeiro posto do festival deste ano.
Nin Blody Marys lamentabelmente servidos, nin alemáns cantando un country, nin unha turka desafinando a sako, nin daneses bailando un twist, nin lituanos prepotentes augurando o seu fallido triunfo, nin rusos axitanados cantando en inglés, nin irlandeses coa súa típica baladiña, nin franchutes pésimos, nin rumanos discotequeros, nin suecos ganadores de antaño, nin macedonios tradicionais, nin letones a capella, nin incluso a ukraina katxonda. Ninguén puido co xeavy metal.


Cunha posta en escena chea de efectos de artificio, chamaradas e artiluxios varios (pagada polos propios fans do grupo trala negativa da televisión finlandesa de costear eses gastos), cunha estética monstreico-terrorifica característica do grupo, unha música do máis puro estilo xeavy metal, e cunha mensaxe de salvación que traerá o hard rock, estes fineses leváronse de rúa o festival e botaron ó traste con todo o visto en tódalas edicións pasadas. Guapísimo.


A súa canción foi votada por tódolos países, exceptuando Mónaco e Albania (without female verbs), e dende aquí, os gezetas aportamos un empuxonciño en forma de chamada timofónica de 87 céntimos. Un auga menos que tomarei no descanso funcionarial.
O papel espanhol, nunha palabra lamentabel. Se vía vir. Unha canción sen senso nin ritmo é o que ten. Somentes Albania (si, a mesma que non votou os fineses, algo extraño, a verdade) e Andorra (algo máis extraño se cabe) deronnos puntos. Propoño un representante gz pra anos venideros. Peor non se pode facer.
Algunha dúbida preséntaseme agora. ¿Voltará TVE a facer outro OT pra rañala algo no festival? ¿Alguén se decatará algunha vez de que Israel non é Europa? ¿Convertirase agora o festival en Xeavyrovision? (se é así gz_oki, o ano que ven imos a finlandia, débesme un concerto,lembra ;) ) E algo máis me ronda dende o sábado ¿Onde estaba Italia, quitarona do vello continente? Este Berlusconi ate fora do poder é un crack.

PD: O que vira o festival decataríase de que Lordi estaba a beber unha pepsi. With a lot of class to the end of the show.

19.5.06

Ramoncín. ¡Qué gran home!

Como ben saberedes a maioría dos achegados ós GZs, este ano quedámonos sen ViñaRock. Algunhas demisións e algúns problemas loxísticos fixeron que só o Erdian estivera prearado para a cita rockeira do ano.

Unha vez pasado o mellor festival de rock do pais teño que dicir que me quedou pena de non voltar a pasar un calor do copón. Sobre todo por perderme o concerto que ¿non? deu Ramoncín.

Ramoncín, o antigamente coñecido como "El Rey del pollo frito" tentou da-lo seu concerto no festival pero un grupo de asistentes llo impediron a ritmo de pedradas e obxectos variados. Contan que o concerto durou 5 segundos e que despois puxeron vídeos de Soziedad Alcohólica. Que grande Ramoncín. Según contan as crónicas houbo moitas pancartas de repulsa á SGAE (Ramoncín é un dos membros máis activos deste grupo). Ata había unha pancarta que rezaba "Vuelve al lingo". Que país!!!!

Pois en vez de achanta-la cabeza o bo de Ramoncín segue disparando a todo o que se move. Agora mételle caña a Sabina. O Sabina é outro home que me cae mal mal mal. Vaia dous paxaros. A resposta do Sabina non se fixo esperar jejejejeje. ¿Chegarán ás mans?

17.5.06

Día das Letras Galegas

Hoxe estamos de noraboa todo-los GZ's.

Hoxe é o noso día. O día das Letras Galegas.

E hoxe tamén foi elexida a palabra máis fermosa da nosa lingua. Bolboreta, acadou a máxima votación da enquisa feita por La Voz de Galicia. Lonxe quedaron outras entre as que cabe destacar con nada máis e nada menos que 50 votos Vagalume. Dende eiquí mando unha aperta a eses 50 votantes (esperaba que foran moitos máis, je, je).

Nada máis po-lo momento, es espero que cada vez máis xente poida escribir e falar en Galego, e que cada vez máis xente participe na nosa benquerida páxina GZ.

Unha aperta a todos.

P.D.: Un Vagalume ía cara o seu traballo, e atopou po-lo camiño cheo de Brétema unha Bolboreta. Ela, con moito Agarimo díxolle que tiña Morriña, pois non vivía preto dos séus. El encheuse de Ledicia e díxolle que non se preocupara, que po-lo menos tiña Saudade.

13.5.06

O Revolt é o que ten

Por fin, despois de moitos anos de esforzo, fun ó exame práctico de conducir. Os días anteriores preparárao bastante ben coa profesora.......e todo para que unha filla da súa nai por pouco fixera que nos espetáramos contra ela.

Por sorte a examinadora soubo ve-los reflexos dun GZ de pro e cunha rápida sucesión de teclas NM (OP para o resto dos GZs) puiden esquivalo.

A partires dese momento (o incidente foi ó principio), o exame foi un calvario. Unha calada, un aparcamento dos peores que fixen nunca (ata estiven a punto de baixarme do coche....) pero ó final aproboume por ter resolto tan ben o sucedido.

Despois de todo existen examinadores que fan ben o seu traballo....jejejeje

E que despois digan que o Revolt non serve para nada. Vémonos na estrada!!